ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR APERTURA DE GABIAS, PROSPECCIÓNS E CALAS |
Artigo 1º.- Fundamento e natureza. 1.- De conformidade co que prevé o artigo 58 en relación co artigo 20.3 f), ambos da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, segundo a modificación que establece o artigo 66 da Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público, este Concello establece a taxa polas utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais do dominio público local por " apertura de gabias, prospeccións e calas en terro de uso público local, inclusive estradas, camiños e demais vías públicas locais, para instalación e reparación de canos, conduccións e outras instalacións, así como calquera remoción de pavimento ou beirarrúas na vía pública", que se regulará pola presente ordenanza, que se redactou de conformidade co que dispón o artigo 16 da Lei 39/88 que se citou. 2.- Serán obxecto deste tributo, en xeral, todas aquelas obras que supoñan unha remoción de pavimentos ou beirarrúas na vía pública, e a apertura de terreos de uso público local de gabias, prospeccións e calas para: a) A instalación e reparación de canos, conduccións e outras instalacións. b) Tendido de raís ou carrís. c) Colocación de postes, farois, etc. d) Elevar e reconstruír beirarrúas, bordo e calzada. e) Construcción de cámaras subterráneas para a utilización de servicios na vía pública. f) Varios conceptos análogos que non se recollen nos apartados anteriores, como poden ser arquetas, sumidoiros, pozos de rexistro, supresión de farois e desatoar e limpeza de tubos e canos. 3.- Este tributo é independente e compatible coas cotas que procedan, por outros conceptos de ocupación de bens de uso público municipal. 4.- Coa independencia das taxas, os contribuíntes quedan obrigados á reparación dos desperfectos, ou no seu lugar, cando proceda, ás indemnizacións que establece o apartado 5 do artigo 24 da devandita lei 39/88.
Artigo 2º.- Feito impoñible e obriga de contribuír.
Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación de calquera dos aproveitamentos que se sinalaron no número 2 do artigo anterior, e a obriga de contribuír nacerá cando se inicie o aproveitamento unha vez se obteña a correspondente licencia, ou dende que se inicie o aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización, con independencia das sancións que procedan.
Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.
Serán suxeitos pasivos desta taxa os contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, titulares das respectivas licencias. No caso de aproveitamentos que se realizaran sen a preceptiva autorización, están solidariamente obrigados ó pagamento aquelas persoas:
a) As que se beneficien dos aproveitamentos.
b) Os que materialmente os realicen.
Artigo 4º.- Base impoñible e liquidable.
1.- Tomarase como base impoñible do presente tributo:
a) Os metros lineais para a apertura de gabias, prospeccións e calas en xeral, así como para a apertura de rúas para a realización de acometidas, tendido de cables e tubos, tomas de auga, etc., e por último para levantado e reconstrucción de bordo de beirarrúas, sumidoiros, supresión e desprazamentos de farois.
b)Os metros cadrados para o levantamento e reconstrucción de beirarrúas e calzada, arquetas e pozos de rexistro.
c) Os metros cúbicos para a construcción de cámaras subterráneas para a instalación de servicios na vía pública.
d) Por planta e edificio as novas acometidas de auga e rede de sumidoiros. e) Por cada un deles, os desatoos e limpeza de tubos da rede de sumidoiros, sumidoiros e arquetas propiedade dos particulares.
Artigo 5º.- Cota tributaria.
1.- A contía da taxa que regula esta ordenanza será a que se fixa na tarifa seguinte:
Artigo 6º.- Normas de xestión.
1.- O tributo considerarase remunerado, dende que naza a obriga de contribuír,a teor do que establece o artigo 2º anterior, e liquidarase por cada aproveitamento que se solicitou e que se realizou.
2.- As cotas, aboaranse en efectivo por pagamento directo na Tesourería municipal. 3.- As persoas naturais ou xurídicas interesadas na obtención dos aproveitamentos que regula esta ordenanza, presentarán no Concello solicitude detallada da súa natureza, tempo para o que se solicitan, lugar onde se pretenden realizar, clase de pavimento da vía e, en xeral, cantas indicacións sexan necesarias para a exacta determinación do aproveitamento que se desexa. 4.- En caso de que a empresa de servicios públicos teña que reparar as súas instalacións, necesidades de obras urxentes, entendendo por tales, aquelas que pola súa natureza e dado o servicio que teñen que satisfacer, non poidan demorarse, sen graves prexuízos á obtención da correspondente licencia, poderán iniciar as obras sen obteren a autorización municipal previa, coa obriga, por parte daquela, de pór o feito en coñecemento da administración municipal coa maior brevidade e solicitar a correspondente licencia no prazo máximo de 48 horas.
5.- Nos supostos do número anterior, acreditaranse ante o Concello, as circunstancias de urxencia das obras, a imposibilidade material de ter solicitado a licencia previa e os prexuízos que se derivaran, de non procederse de forma urxente á necesaria reparación.
6.- Cando non se trate de apertura de calicatas para a conexión da auga, a reparación do pavimento ó terreo que se removeu, que será, en todo caso, do exclusivo cargo e conta de quen se beneficase deles. En garantía de que polo interesado se proceda á perfecta reparación daqueles, para poder tramitar a solicitude acreditará que constituíu a correspondente fianza. De non ser suficiente a garantía que constituíu para cubrir o montante das obras que pretende executar,o interesado aboará a diferencia conforme coa conta que formule o técnico municipal.
7.- No caso de que, efectuada a reposición do pavimento polo concesionario da licencia, os servicios municipais estimen, logo das comprobacións pertinentes,que as obras non se realizaron de acordo coas esixencias técnicas correspondentes, o Concello poderá proceder á demolición e nova construcción das obras defectuosas, obrigando ó concesionario da licencia a satisfacer os gastos que se produzan pola demolición, recheo de gabias e nova reposición do pavimento.
Artigo 7º.- Responsables.
1.-Responderán con solidariedade das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 8º.- Obriga de pagamento.
O pagamento da taxa realizarase mediante aboamento directo na Tesourería Municipal ou onde establecera o concello.
Artigo 9º.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
Non se recoñece ningún beneficio tributario,salvo os que sexan consecuencia do que se establece nos tratados ou nos acordos internacionais ou os que prevén as normas con rango de lei.
Artigo 10º.- Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza, estaráse ó que dispoñen os arts. 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICION DERRADEIRA
O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en esa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.
ANEXO
INDICE ALFABETICO DE VIAS PUBLICAS
O promedio do valor do mercado da utilidade que se deriva pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, de acordo co informe do aparellador municipal, é o seguinte:
O alcalde O secretario
DILIXENCIA:
Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000.
O secretario,
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DEPORTIVOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, PISCINAS E CASAS DE BAÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPALSERVIZOS DEPORTIVOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, PISCINAS E CASAS DE BAÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL |