Artigo 1º.- Fundamento e natureza.
De conformidade co que prevé o artigo 58 en relación co artigo 20.3 n), ambos da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, segundo a modificación que establece o artigo 66 da Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público, este concello establece a taxa polas utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais do dominio público local por " instalación de postos,barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público local, así como, industrias ambulantes e rodaxe cinematográfica" que se regulará pola presente ordenanza, que se redactou segundo ó que dispón o artigo 16 da devandita Lei 39/88.
Artigo 2º.- Feito impoñible. Constitúe o feito impoñible desta taxa a ocupación de terreos de uso público municipal con instalacións de carácter non fixo, para o exercicio de actividades de venda de calquera clase, e con aquelas destinadas a espectáculos ou recreos e rodaxe cinematográfica, así como ó exercicio de industrias ambulantes.
Artigo 3º.- Obriga de contribuír. A obriga de contribuír nace dende o momento en que o aproveitamento que se autoriza para a instalación de postos, espectáculos, recreo na vía pública, rodaxe cinematográfica e para o exercicio de industrias ambulantes se efectúe, ou dende que se realice o aproveitamento se se fixera sen a oportuna autorización.
Artigo 4º.- Suxeitos pasivos. Serán suxeitos pasivos contribuíntes e polo tanto obrigados ó pagamento, as persoas físicas ou xurídicas a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, ás que ó seu favor se lles otorguen as licencias ou ás que se lles autorice para efectuar o aproveitamento especial do dominio público local.
Artigo 5º.- Base impoñible e liquidable. Tomarase como base impoñible do presente tributo, o m2 de superficie que ocupe o posto, instalación ou actividade que se autorice, valorado segundo a tarifa desta ordenanza, os días naturais de ocupación, o prazo polo que se autorice a industria ambulante ou a rodaxe cinematográfica, os metros lineais e toneladas naquelas ocupacións que así se determina na tarifa. Artigo 6º.- Cota tributaria. 1.- A contía da taxa que regula esta ordenanza será a que se fixa na seguinte tarifa: CONCEPTO | PTAS/DIA | 1.- Ocupación de terreos con camións ou vehículos de máis de 1 000 kg con destino á venda de calquera clase de artigos. Por tonelada ou fracción |
1 109 ptas. | 2.- Ocupación de terreos con camións ou vehículos de menos de 1 000 kg con destino á venda de calquera clase de artigos.Por tonelada ou fracción |
555 ptas. | 3.- Ocupación de terreos con casetas de feira por metro lineal ou fracción |
500 ptas. | 4.- Ocupación de terreos con noras, tiovivo, carrusel para nenos, xogos de cabaliños. Por cada m2 ou fracción |
333 ptas. | 5.- Por ocupación de terreos con destino a coches de choque. Por m2 ou fracción | 333 ptas. | 6.- Por ocupación de terreos con destino a tómbolas comerciais. Por cada metro lineal ou fracción. |
555 ptas. | 7.- Por ocupación de terreos con destino a bambáns e a barcas voadoras. Por m2 ou fracción. . |
72 ptas | 8.- Por ocupación de terreos con destino á instalación da caldeira do polbo, masa fritida, patacas fritidas, xeados, etc.Por m2 ou fracción . |
776 ptas | 9.- Por venda ambulante ó brazo, de globos, bastóns, barquillos e calequera outra clase de artigos. (Os vendedores a que se refire este epígrafe non poderán utilizar carros, carrillos, vehículos, mesas nin ningún outro artefacto apoiado no chan) |
555 ptas. | 10.- Postos de venda de calquera clase de artigos que non se reflexaran con anterioridade. Por m2 ou fracción. |
222 ptas |
Artigo 7º.- Normas de xestión. 1.- As persoas naturais o xurídicas interesadas en obter autorizaciçon para a colocación de postos ou outras instalacións na vía pública, presentarán no Concello solicitude detallada da extensión, duración e carácter do aproveitamento.
2.- Os titulares dos aproveitamentos, ó prescribir a licencia que se lles concedeu , retirarán da vía pública as instalacións e de non o facer, oconcello farase cargo delas, se fosen utilizables,ou adoptará as medidas necesarias para a súa utilización. 3.- Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que se aboe e obteña a correspondente licencia polos interesados. 4.- As autorizacións terán carácter persoal e non se poderán ceder ou subarrendar a terceiros.O imcumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia. Artigo 8º.- Responsables. 1.- Responderán con solidariedade das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 9º.- Obriga do pagamento. 1.-O pagamento da taxa realizarase por aboamento directo na Tesourería Municipal ou onde establecera o Concello, pero sempre antes de retirar a correspondente licencia.
Artigo 10º.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables. Non se recoñece ningún beneficio tributario,salvo os que sexan consecuencia do que establecen os tratados ou acordos internacionais ou os que prevén as normas con rango de lei.
Artigo 11º.- Infraccións e sancións tributarias. En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza, estaráse ó que dispoñen os arts. 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICION DERRADEIRA O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en sesión de data 25.11.1999 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas. ANEXO
INDICE ALFABETICO DE VIAS PUBLICAS Número de orde | Denominación da vía pública | Categoría | 1 | Aduana, Rúa | 3ª | 2 | Alameda, Rúa | 2ª | 3 | Alameda, Praza | 2ª | 4 | Amaro Refojo, Rúa | 2ª | 5 | Cabreiroá, Estrada | 4ª | 6 | Caja de Ahorros, Rúa | 3ª | 7 | Campo da Feira | 4ª | 8 | Canella Cega, Rúa | 3ª | 9 | Castelao, Rúa | 3ª | 10 | Castilla, Avenida | 2ª | 11 | Colón, Rúa | 2ª | 12 | Concello, Praza do | 2ª | 13 | Concepción Arenal, Rúa | 3ª | 14 | Constitución, Rúa | 2ª | 15 | Correos, Rúa | 2ª | 16 | Coutos, Camiño Os | 4ª | 17 | Cruz, Rúa | 1ª | 18 | Cuartel, Rúa | 3ª | 19 | Costa, Rúa | 4ª | 20 | Curros Enríquez, Rúa | 3ª | 21 | Deputación, Rúa | 1ª | 22 | Eduardo Pondal, Rúa | 4ª | 23 | Elle, Rúa | 3ª | 24 | Elle, Travesía de | 3ª | 25 | Eloy Luis André, Rúa | 3ª | 26 | Elvira Carrera, Rúa | 3ª | 27 | Espido, Rúa | 3ª | 28 | Espido, Travesía | 4ª | 29 | Flores, Rúa | 2ª | 30 | Fonte do Sapo | 4ª | 31 | Fontenova, Camiño de | 4ª | 32 | Foxo, Rúa O | 4ª | 33 | Galicia, Rúa | 1ª | 34 | García Barbón, Praza | 1ª | 35 | Granxa, Camiño A | 4ª | 36 | Irmáns Fernández Álvarez, Rúa | 2ª | 37 | Irmáns Moreno, Rúa | 1ª | 38 | Juan Guerra Valdés, Rua | 2ª | 39 | Lamas Carvajal, Rúa | 3ª | 40 | Laureano Peláez, Rúa | 1ª | 41 | Laza, Estrada (até Cñº. A Rasela) | 2ª | 42 | Laza, Estrada (desde Cñº. A Rasela até fín do núcleo de Verín) | 3ª | 43 | Lisa, Rúa | 1ª | 44 | Luis Espada, Avenida | 1ª | 45 | Ladairo, Rúa | 1ª | 46 | Marbana, Rúa | 3ª | 47 | Mariano Carrero, Rúa | 2ª | 48 | Maior, Rúa | 1ª | 49 | Maior, Praza | 1ª | 50 | Matadoiro, Rúa | 3ª | 51 | Matadoiro - Elle, Rúa | 3ª | 52 | Mercado Comarcal, Rúa | 4ª | 53 | Mercado Comarcal, Acceso norte | 4ª | 54 | Mercado Comarcal, Acceso leste | 4ª | 55 | Mercé, Rúa | 2ª | 56 | Mercé, Praza | 2ª | 57 | Montemaior, Rúa | 1ª | 58 | Muralla, Rúa | 2ª | 59 | Olivar, Rúa | 4ª | 60 | Ourense, Rúa | 2ª | 61 | Outeiro, Rúa | 4ª | 62 | Otero Pedrayo, Rúa | 3ª | 63 | Pedro González, Rúa | 2ª | 64 | Polideportivo, Rúa | 4ª | 65 | Portugal, Avenida de (desde Avenida Luis Espada até Rúa Aduana) | 1ª | 66 | Portugal, Avenida de (desde Rúa Aduana até Piscinas) | 2ª | 67 | Portugal, Avenida de (desde Piscinas até o final do núcleo de Verín) | 2ª | 68 | Pozo, Rúa | 3ª | 69 | Queizás, Camiño de (zona urbana) | 3ª | 70 | Queizás, Camiño de (zona non urbana) | 4ª | 71 | Rasela, Camiño A | 4ª | 72 | Remedios, Travesía | 2ª | 73 | Río, Camiño do | 3ª | 74 | Río Búbal, Rúa | 3ª | 75 | Río Camba, Rúa | 3ª | 76 | Río Támega, Rúa | 3ª | 77 | Río Mente, Rúa | 3ª | 78 | Rosalía de Castro, Rúa | 3ª | 79 | Santamarina, Rúa José | 1ª | 80 | San Antón, Rúa | 3ª | 81 | San Blas, Rúa | 3ª | 82 | San Félix, Rúa | 3ª | 83 | San Gregorio, Rúa | 3ª | 84 | San Lázaro, Avenida | 2ª | 85 | San Lázaro, Canellón | 4ª | 86 | San Pedro, Rúa | 3ª | 87 | San Roque, Calle | 3ª | 88 | San Rosendo, Rúa | 3ª | 89 | Santiago Apóstolo, Rúa | 3ª | 90 | Santiago Rodríguez, Rúa | 2ª | 91 | Sousas, Avenida de | 2ª | 92 | Sousas, Travesía de | 2ª | 93 | Silvio Santiago, Rúa | 3ª | 94 | Subida a Monterrey, Rúa | 4ª | 95 | Traviesa, Rúa | 4ª | 96 | Vences, Estrada de | 4ª | 97 | Veiga, Travesía A | 3ª | 98 | Vello de Sousas, Camiño | 3ª | 99 | Vello de Fontenova, Camiño | 4ª | 100 | Vicente Risco, Rúa | 3ª | 101 | Viriato, Rúa | 3ª | 102 | Resto rúas de Verín (terreo urbano) | 4ª | 103 | Rúas de Feces de Abaixo (terreo urbano) | 3ª | 104 | Rúas de Pazos (terreo urbano) | 3ª | 105 | Resto de rúas núcleos rurais do municipio (terreo urbano) | 4ª |
O promedio do valor do mercado da utilidade que se deriva pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, de acordo co informe do aparellador municipal, é o seguinte: Categoría de rúa | Ptas | Rúas de primeira categoría | 78 800 | Rúas de segunda categoría | 48 650 | Rúas de terceira categoría | 51 250 | Rúas de cuarta categoría | 21 600 |
O alcalde O secretario DILIXENCIA: Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000. O secretario,
|