Artigo 1º.- Fundamento e natureza. 1.- De conformidade co que prevé o artigo 58 en relación co artigo 20.3 k), ambos da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, segundo a modificación que establece o artigo 66 da Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público, este concello establece a taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais do dominio público local por "tendidos, tuberías e galerías para as conduccións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, incluídos os postes para liñas, cables, roscas de ás, caixas de amarre, de distribucción ou de rexistro, transformadores, rieis, básculas, aparellos para venda automática e outros análogos que se establezan sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público local, ou que voen sobre eles", que regulará a presente ordenanza, que se redactou conforme ó que dispón o artigo 16 da devandita lei 39/88. Artigo 2º.- Feito impoñible. Constitúe o feito impoñible deste tributo, o aproveitamento do chan ou voo da vía plúbica e bens de uso público municipal con tendidos, tuberías e galerías para as conduccións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído incluídos os postes para liñas, cables, roscas de ás, caixas de amarre, de distribucción ou de rexistro, transformadores, rieis, básculas, aparellos para venda automática e outros análogos. Artigo 3º.- Obriga de contribuír. A obriga de contribuír nace coa ocupación do chan ou voos da vía pública ou bens de uso público cos elementos que se indicaron no artigo anterior. Para os sucesivos exercicios ou alta inicial, a remuneración terá lugar o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cesamento no aproveitamento,nese caso, a cota ratearase por tributos naturais. Artigo 4º.- Suxeitos pasivos. Serán suxeitos pasivos desta taxa os contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que aproveiten especialmente o beneficio particular do dominio público local. Artigo 5º.- Base impoñible e liquidable. 1.- Tomarase como base impoñible do presente tributo: a) Por ocupación directa do chan: o valor da superficie do terreo que ocupe o aproveitamento e as súas instalacións accesorias. b) Por ocupación do voo, os metros de cables ou elementos análogos. 2.- Cando o aproveitamento do chan, subsolo ou voo das vías públicas municipais se realice por empresas explotadoras de servicios de subministracións que afecten á xeneralidade ou a unha parte importante do vecindario, a base impoñible consistirá nas ganancias brutas procedentes da facturación que obteñan anualmente ditas empresas no termo municipal. Artigo 6º.- Categoría das rúas. 1.- Para os efectos da aplicación do apartado D) da tarifa, as vías públicas deste municipio clasifícanse en catro categorías. 2.- Anexo a esta ordenanza figura un índice alfabético das vías públicas deste Municipio con expresión da categoría que corresponde a cada unha delas. Artigo 7º.- Cota tributaria. 1.- A contía da taxa que regula esta ordenanza será a que se fixa na seguinte tarifa: A).- CONCEPTOS UNIDADE CATEGORIAS RUAS/PESETAS ANO DE DEBEDA 1ª 2ª 3ª 4ª Roscas de ás 1 ud. 49 35 25 13 Rieis 1 ud. 49 35 25 13 Postes 1 ud. 192 143 100 52 Cables m lineal ou fracción 480 358 252 132 Tuberías m lineal ou fracción 480 358 252 132 Rieis m lineal ou fracción 480 358 252 132 Mangueiras m lineal ou fracción 480 358 252 132 Transformadores m2 ou fracción 4806 3578 2515 1318 Caixa de amarre distribución e rexistro m2 ou fracción 4806 3578 2515 1318 Básculas m2 ou fracción 4806 3578 2515 1318 Aparellos e bombas de gasolina e análogos m2 ou fracción 4806 3578 2515 1318 Cabinas fotográ- ficas e máquinas similares m2 ou fracción 4806 3578 2515 1318 Aparellos ou má- quinas de expe- dición de cal- quera producto non especificado nos apartados an- teriores. m2 ou fracción 4806 3578 2515 1318 B) Non obstante o anterior, para as empresas explotadoras de servicio de subministración que afecten á xeneralidade ou a unha parte importante do vecindario, a contía da taxa que regula esta ordenanza consistirá, en todo caso e sen excepción ningunha, no 1,5 % das ganancias brutas que procedan da facturación que obteñan anualmente en cada termo municipal as referidas empresas. A contía da taxa que puidese corresponder a Telefónica de España, S.A., englóbase na compensación en metálico de periodicidade anual a que se refire o apartado 1 do artigo 4 da Lei 15/87, do 30 de xullo (disposición adicional 8ª da Lei 39/88, do 28 de decembro). Artigo 8º.- Normas de xestión. 1.- As persoas naturais ou xurídicas interesadas na obtención dos aproveitamentos que regula esta ordenanza, presentarán no concello declaración detallada das instalacións que pretenden realizar, acompañando os planos correspondentes. 2.- Toda alteración nos aproveitamentos comunicaráselle á administración municipal mediante a oportuna declaración, ata o último día do mes natural seguinte a aquel no que se produza, e, en tal caso, cando estes feitos dean orixe á aplicación de cotas máis elevadas só se liquidará a diferencia entre a cota superior e a que xa se satisfixo. 3.- Igualmente, presentaran tales declaracións en caso de baixa total ou parcial dos aproveitamentos que se concederon, dende que o feito se produza e ata o último día do mes natural seguinte a aquel en que tivo lugar. 4.- O tributo recadarase anualmente nos prazos que se sinalaron para os efectos para os tributos de notificación colectiva e periódica. Artigo 9º.- Responsables. 1.- Responderán con solidariedade das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria. 2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos,interventores ou liquidadores da crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria. Artigo 10º.- Obriga do pagamento. a) Cando se trate de concesión de novos aproveitamentos, polo aboamento directo na Tesourería Municipal ou onde establecese o concello, pero sempre antes de retirar a correspondente licencia. b) Cando se trate de concesións de aproveitamentos que xa se autorizaran ou e prorrogaran , e que se incluíron nos padróns e matrículas desta taxa por anos naturais, nas oficinas da Recadación municipal e nos prazos que sinala o Regulamento xeral de recadación. Artigo 11º.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables. Non se recoñece ningún beneficio tributario,salvo os que sexan consecuencia do que establecen os tratados ou acordos internacionais ou os que prevén as normas con rango de lei. Artigo 12º.- Infraccións e sancións tributarias. En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza, estarase ó que dispoñen os arts.77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable. DISPOSICION DERRADEIRA O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en sesión de data 25.11.1999 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas. ANEXO INDICE ALFABETICO DE VIAS PUBLICAS
O promedio do valor do mercado da utilidade que se deriva pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, de acordo co informe do aparellador municipal, é o seguinte:
O alcalde O secretario DILIXENCIA: Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000. O secretario,
|