ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DO CEMITERIO MUNICIPAL |
|
|
|
Artigo 1º.- Fundamento e natureza. No uso das facultades que conceden os artigos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co que dispoñen os arts.15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a " Taxa do Cemiterio Municipal", que se rexerá pola presente Orenanza Fiscal, atendendo as súas normas ó que prevé no artigo 58 da citada Lei 39/1988. Artigo 2º.- Feito Impoñible Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación de servicios do Cemiterio Municipal, tales como: asignación de espacio para nterramentos; permisos de construcción de panteóns ou sepulturas; ocupación dos mesmos; reducción ou incineración; movemento de lápidas; colocación de lápidas, enreixado e adornos; conservación dos espacios destinados ó descanso dos defuntos, e calesquera outros que, de conformidade co previsto no Regulamento de Policía Sanitaria mortuoria, sexan precedentes ou se autoricen a instancia departe. Artigo 3º.- Suxeito pasivo. Son suxeitos pasivos contribuíntes, os solicitantes da concesión da autorización ou da prestación do servicio e, no seu caso, os titulares da autorización que se concedeu. Artigo 4º.- Responsables. 1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria. 2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, oncursos, sociedades e entidades en xeral,nos supostos e co alcance que sinala o art. 40 da Lei Xeral Tributaria. Artigo 5º.- Exencións subxectivas. Estarán exentos os servicios que se presten con ocasión de: a) Os enterramentos dos asilados procedentes da beneficiencia, sempre que a conducción se verifique por conta dos establecementos mencionados e sen ningunha pompa fúnebre que sexa costeada pola familia dos falecidos. b) Os enterramentos de cadávares de pobres de solemnidade. c)As inhumacións que ordene a autoriedade xudicial e que se efectúen na fosa común. Artigo 6º.- Cota tributaria. A cota tributaria determinaráse pola aplicación da seguintes tarifa: CONCEPTOS | 1º.- | Permiso de construcción, reforma, rehabilitación ou adecentamento de mausoleos, panteóns e sepulturas | 2% do orzamento | 2º.- | Transmisión da propiedade | A) | Transmisión | 16.635 ptas. | B) | Transmisión entre parentes 1º grao | 5.545 ptas. | C) | Transmisión entre parentes outro grao | 11.090 ptas. | 3º.- | Inhumacións | 5.545 ptas. | 4º.- | Exhumacións | A) | Exhumacións para traslado a outro cemiterio | 11.090 ptas. | B) | Exhumación e inhumación no mesmo cemiterio | 16.635 ptas. | | | | | | Artigo 7º.- Obriga do pagamento. A obriga do pagamento da taxa que regula esta ordenanza nace cando se incide a prestación dos servicios suxeitos a graváme, entendéndose, a estos efectos, que dita iniciación se produza coa solicitude de aqueles. Artigo 8º.- Declaración, liquidación e ingreso 1.- Os suxeitos pasivos solicitarán a prestación dos sevicios de que se trate. A solicitude de permiso para construcción de mausoleos e panteóns acompañaráse do correspondente proxecto e memoria, autorizados polo facultativo competente. 2.- Cada sevicio será obxecto de liquidación individual e autónoma, que será notificada, unha vez que foi prestado dito servicio, para o seu ingreso directo nas arcas municipais e na forma e prazos sinalados no Regulamento Xeral de Recadación. Artígo 9º.- Infraccións e sancións. En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas corresponden en cada caso, estaráse ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria. DISPOSICION DERRADEIRA O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en sesión de data 25.11.1999 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguintes da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas. O alcalde, O secretario, DILIXENCIA: Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000. O secretario,
|