.
Artigo 1º.- Fundamento e natureza.
1.- De conformidade co que prevé o artigo 58 en relación co artigo 20.3 h), ambos da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais,segundo a modificación que establece o artigo 66 da Lei 25/1998, do 13 de xullo, modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público, este concello establece a taxa polas utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais do dominio público local por "entrada de vehículos a través das beirarrúas e reserva da vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase" que se regulará pola presente ordenanza, que se redactou conforme ó que dispón o artigo 16 da devandita Lei 39/88.
2.- Será obxeto deste tributo:
a) A entrada ou paso de vehículos e carruaxes nos edificios e terreos.
b) A reserva de espacio nas vías e terreos de uso público para carga e descarga de mercadorías á solicitude de entidades, empresas e particulares.
Artigo 2º.- Feito impoñible.
Constitúeo a realización sobre a vía ou terreo de uso público de calquera dos aproveitamentos que se enumeran no artigo 1º desta ordenanza, e a obriga de contribuír nace dende o momento en que se inicie o aproveitamento.
Artigo 3º.- Obriga de contribuír.
O tributo considerarase remunerado ó inciarse algún dos aproveitamentos obxecto desta ordenanza, e anualmente, o primeiro de xaneiro de cada ano.
Artigo 4º.- Suxeitos pasivos.
Están solidariamente obrigados ó pagamento, en concepto de contribuíntes:
a) As persoas naturais ou xurídicas titulares da respectiva licencia municipal.
b) Os propietarios dos inmobles onde se establecen as entradas ou pasos de carruaxes.
c) As empresas, entidades ou particulares beneficiarios dos aproveitamentos que se enumeran no apartado b) do art.1º desta ordenanza.
Artigo 5º.- Base impoñible e liquidable.
Tomarase como base impoñible do presente tributo, a lonxitude en metros lineais da entrada ou paso de carruaxes, así coma o número de vehículos e no suposto de ocupación coa limitación de días e horas, a parte proporcional do tempo que se autoriza.
Artigo 6º.- Categoría das rúas.
1.- Para os efectos que se prevé para a aplicación do apartado D) da tarifa, as vías públicas deste municipio clasifícanse en catro categorías.
2.- Anexo a esta ordenanza figura un índice alfabético das vías públicas deste municipio con expresión da categoría que corresponde a cada unha delas.
Artigo 7º.- Cota tributaria.
1.- A contía da taxa que regula esta ordenanza será a que se fixa na tarifa seguinte:
Artigo 8º.- Normas comúns para a aplicación das tarifas.
1.- Considerarase modificación da rasante da beirarrúa todo o que supoña alteración da liña de rasante, ben sexa na totalidade do plano superior ou na arista exterior de dita beirarrúa, comprendéndose para os efectos os regos, vaos, desniveis, rebaixas de altura, escotes, substitucións da liña horizontal por oblicúa e, en suma, toda modificación do aspecto exterior do aceirado.
2.- A taxa aplicarase tanto á modificación de rasante das beirarrúas que construíra o concello coma se se tratase de beirarrúas que construíran os particulares,toda vez que o pagamento deste aproveitamento motívao a molestia que ó transeúnte ocasiona dita modificación da rasante e polo beneficio que obtén o usuario. Polo tanto, tamén procederá a aplicación da taxa, aun cando a rúa careza de beirarrúa, se a rasante se modificou na parte correspondente a unha porta cocheira.
Artigo 9º.- Normas de xestión.
1.- As persoas naturais ou xurídicas interesadas na concesión dos aproveitamentos que regula esta ordenanza, presentarán no concello solicitude detallada da extensión e carácter do aproveitamento que se require.
2.- Tamén presentarán a oportuna declaración en caso de alteración ou baixa dos aproveitamentos que xa se concederan dende que o feito se produza ata o último día do mes natural seguinte ó que tal feito tivo lugar. Quen imcumpra tal obriga seguirá obrigado ó pagamento do tributo. Tales declaracións xurdirán efecto a partir do primeiro día do ano natural seguinte a aquel en que se formulen.
3.- Os titulares das licencias proveranse das placas regulamentarias que facilitará o concello, logo do pagamento do importe que estipule a tarifa.
4.- Con ingualdade, os titulares da reserva a que fai referencia o epígrafe 4, proveranse das placas oportunas, nas que constará o tempo de emprego.
5.- A falta de instalación das placas, ou o emprego doutras distintas ás regulamentarias,impedirá ós titulares das licencias o exercicio do seu dereito ó aproveitamento.
Artigo 10º.- Responsables.
1.- Responderán con solidariedade das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 11º.- Prazos e forma de declaración e ingresos.
1.- Anualmente formarase un padrón no que figurarán os contribuíntes afectados e as cotas correspondentes, que se exporá ó público para os efectos de reclamacións. Logo de que transcorra dito prazo, o concello resolverá as reclamacións e aprobará definitivamente dito padrón, que servirá de base para os documentos cobratorios correspondentes.
2.- O tributo recadarase anualmente nos prazos que se sinalen para o efecto para os tributos de notificación colectiva e periódica.
3.- O importe correspondente ás placas de pasaxe permanente que facilite o concello, aboarase directamente na Tesourería Municipal, unha vez que o suxeito pasivo obteña a correspondente licencia.
Artigo 12º.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
Non se recoñece ningún beneficio tributario,salvo os que sexan consecuencia do que establecen os tratados ou acordos internacionais ou os que prevén as normas con rango de lei.
Artigo 13º.- Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza, estarase ó que dispoñen os arts. 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICION DERRADEIRA
O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en sesión de data 25.11.1999 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.
ANEXO INDICE ALFABÉTICO DE VIAS PÚBLICAS
O promedio do valor do mercado da utilidade que se deriva pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, de acordo co informe do aparellador municipal, é o seguinte:
O alcalde O secretario
DILIXENCIA:
Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000.
O secretario,
|