Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Entidades colaboradoras de Verín para o Plan Renove de Fiestras
Entidades colaboradoras de Verín para o Plan Renove de Fiestras PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Xaneiro 2012 12:36

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación do nome das entidades colaboradoras que participarán na xestión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva ao Plan Renove de Fiestras.


NOME EMPRESA

DIRECCIÓN

POBOACIÓN

TELÉFONO

PROVINCIA

Aluvero Aluminios 2004, SL

Estrada de Laza (O Salgueiro)

Verín

988-414444

Ourense

Carpintería Gofer, SC

Camiño de Cabreiroá s/n (Queizás)

Verín

988-413848 606-337484

Ourense

Carpintería Vivian, SL

Avda. de Ourense, 64

Verín

988-413145 650-485662

Ourense

Industrias Madera Cid, SL

Polígono Industrial Pazos (Parcela A2)

Verín

988-411647

Ourense

Esta subvención ten por obxecto a concesión de axudas dirixidas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos. Na mesma poderán ser beneficiarios as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios do sector terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A reserva de fondos deste plan, que entrou en vigor o 13 de decembro, comeza mañá mércores 11 de xaneiro (como máximo ata o 29 de marzo de 2012 ou ata que se esgote o crédito). As solicitudes e tramitación das subvencións se realizará a través das entidades adheridas, e que están especificadas ao inicio.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>