Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións destinadas ao desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración
Subvencións destinadas ao desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Xaneiro 2012 12:58

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013.


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións para o ano 2012 ás entidades de iniciativa social, para a realización de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013.

Estas accións son elixibles no marco do programa operativo FSE Galicia 2007/2013 no eixo 2, tema prioritario 71 e cun cofinanciamento do FSE ao 80%.

Poderán ser solicitantes das subvencións reguladas na presente orde as entidades de iniciativa social a que se refire o artigo 30 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, sempre e cando reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 291/1995, do 3 de novembro, e pola Orde do 5 de febreiro de 1996, que desenvolve o anterior.
b) Carecer de ánimo de lucro. Non obstará para a consideración de carencia de ánimo de lucro o feito de que as ditas entidades perciban contraprestación das persoas usuarias, sempre e cando da análise das súas contas anuais se deduza a non obtención de beneficio.
c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na comunidade autónoma.
d) Non atoparse nalgunha das situacións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.

De acordo cos obxectivos establecidos pola Consellería de Traballo e Benestar no ámbito da inclusión social, e tendo en conta as directrices marcadas pola Unión Europea no marco de apoio ás políticas destinadas á mellora do emprego e da promoción da inclusión social, esta orde subvencionará os seguintes programas e actuacións:
a) Actuacións que permitan a adquisición e o desenvolvemento das habilidades sociais e hábitos prelaborais para dinamizar as capacidades e recursos persoais e sociais (mellora de aptitudes básicas, desenvolvemento persoal, técnicas de busca de emprego, etc).
b) Actuacións de formación básica e de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades dos colectivos en situación de exclusión social, que permitan mellorar a súa cualificación socioprofesional.
c) Programas integrais de base comunitaria en zonas rurais que favorezan a inclusión social e laboral de persoas mozas, mulleres e colectivos con dificultades de inserción.
d) Programas integrais de base comunitaria en barrios urbanos que desenvolvan accións preventivas, de intervención, seguimento e titorización para persoas en situación ou risco de exclusión social.
e) Actuacións de acompañamento social, que consistirán na posta á disposición dos usuarios, de servizos de apoio persoal e/ou familiar que faciliten o axeitado desenvolvemento de itinerarios de inserción sociolaboral.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 23 de febreiro. Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>