Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Entidades colaboradoras de Verín para o Plan Renove de Climatización 2011
Entidades colaboradoras de Verín para o Plan Renove de Climatización 2011 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xaneiro 2012 13:51

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación do nome das entidades colaboradoras que participarán na xestión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva ao Plan Renove de Climatización 2011.


EMPRESA

DIRECCIÓN

POBOACIÓN

TELÉFONO

PROVINCIA

Astrea Solar S.L.N.E.

Praza da Merced, 1

Verín

988-411329

Ourense

Calefacciones Luis Gómez, S.L.

R/ San Antón, 20 B

Verín

607-162799

Ourense

Gabriel Crespo López

R/ Do Pozo, 28

Verín

669-800990

Ourense

Esta subvención ten por obxecto a concesión de axudas dirixidas a fomentar a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas que se renoven, dos edificios existentes, de forma que cumpran, ao menos, coas exixencias mínimas que fixa a normativa vixente, e reduzan o seu consumo de enerxía. Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado, deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Non será subvencionable a actuación en edificios de natureza pública ou dos seus organismos ou sociedades dependentes se teñen unha facturación enerxética e de mantemento das instalacións consumidoras de enerxía superior a 200.000 euros/ano. Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 y 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.

A reserva de fondos deste plan é desde o 27 de xaneiro ata o 30 de xullo (ou ata que se esgote o crédito). As solicitudes e tramitación das subvencións se realizará a través das entidades adheridas, e que están especificadas ao inicio.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>