Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas á internacionalización das empresas galegas
Axudas á internacionalización das empresas galegas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Febreiro 2012 13:30

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva.

O obxecto é favorecer a internacionalización das empresas galegas, a través das seguintes liñas:
1. Liña participación en eventos expositivos que se realicen fóra de España (procedemento IG110).
2. Liña marketing, comunicación e marca (procedemento IG172).
3. Liña misións inversas (procedemento IG124).
4. Liña prospección internacional (procedemento IG173).
5. Liña primeira implantación promocional conxunta no exterior-Plan Primex (procedemento IG158).

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de marzo de 2012 para a liña sinalada co número 2 do punto segundo anterior, o 30 de abril de 2012 para as liñas sinaladas cos números 1 e 4 e o 31 de maio de 2012 para as liñas sinaladas cos números 3 e 5. No caso de que en virtude das solicitudes presentadas e resoltas favorablemente se esgotase o crédito orzamentario, poderase pechar anticipadamente a convocatoria. O esgotamento do crédito e a non admisión de solicitudes posteriores publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape ww.igape.es

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>