Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Cursos formativos da Academia Galega de Seguridade Pública
Cursos formativos da Academia Galega de Seguridade Pública PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Marzo 2012 14:51

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación dos seguintes cursos da Academia Galega de Seguridade Pública: prevención e loita contra incendios urbanos e forestais, básico de protección civil, práctico na loita contra incendios, accidentes na estrada, intervención psicolóxica en emerxencias e catástrofes, intervención en emerxencias en torres eólicas, condución de vehículos todoterreo, busca e salvamento en montaña e zonas illadas.

O primeiro deles, Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais, é de 40 horas lectivas e está destinado ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil e ás/aos profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida Grumir e outros servizos municipais de intervención en emerxencias). É necesario ter realizado o curso básico de protección civil. O contido do mesmo divídese en catro partes: conceptos xerais, incendios urbanos, incendios forestais e primeiros auxilios. O prazo para a presentación de solicitudes: edicións presenciais (17 de marzo 2012) e edicións mixtas (do 1 de xuño ao 31 de xullo de 2012). As/Os solicitantes seleccionados/as deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da persoa responsable da agrupación ou da/do xefe/a de persoal do concello.


O segundo, Curso básico de protección civil, tamén está destinado ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil e ás/aos profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida Grumir e outros servizos municipais de intervención en emerxencias). O contido do mesmo, de 21 horas de duración, é o seguinte: protección civil, riscos, accidentes e autoprotección, loita contra os incendios, comunicacións, actuacións básicas ante emerxencias médicas, igualdade de oportunidades. O prazo para a presentación de solicitudes: edicións presenciais (17 de marzo 2012) e edicións mixtas (do 1 de xuño ao 31 de xullo de 2012). As/Os solicitantes seleccionados/as deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da persoa responsable da agrupación ou da/do xefe/a de persoal do concello.

O terceiro será Curso práctico na loita contra incendios, de 20 horas e destinado ao mesmo colectivo que os dous anteriores. É necesario ter realizado o curso básico de protección civil. O contido aséntase nos seguintes temas: equipamentos de protección térmica, extinción de incendios clase A-B, manexo de equipamentos ERA e rede contra incendios. O prazo para a presentación de solicitudes finaliza o 17 de marzo. As/Os solicitantes seleccionados/as deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da persoa responsable da agrupación ou da/do xefe/a de persoal do concello.

O cuarto, Curso de accidentes na estrada, ten 34 horas lectivas e está destinado, ao igual que os anteriores, ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil e ás/aos profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida (Grumir) e outros servizos municipais de intervención en emerxencias). É necesario ter realizado o curso básico de protección civil. O contido mesmo é introdución (conceptos xerais), primeiros auxilios, excarceración, accidentes con risco ambiental, mercadorías perigosas. O prazo para a presentación de solicitudes: edicións presenciais (17 de marzo 2012) e edicións mixtas (do 1 de xuño ao 31 de xullo de 2012). As/Os solicitantes seleccionados/as deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da persoa responsable da agrupación ou da/do xefe/a de persoal do concello.

O quinto curso, Intervención psicolóxica en emerxencias e catástrofes, de 15 horas lectivas, está destinado a psicólogos/as e estudantes de 5º de Psicoloxía; e o temario será: marco referencial de psicoloxía de emerxencias e catástrofes no ámbito da protección civil, intervención psicosocial en catástrofes (modelo de intervención psicosocial en catástrofes no ámbito da protección civil), experiencias prácticas (intervención estratéxica, con afectados e grupos de intervención e coordinación do dispositivo psicosocial a través de estudos de caso) e rehabilitación psicosocial. O prazo para a presentación de solicitudes: edicións presenciais (17 de marzo 2012) e edicións mixtas (do 1 de xuño ao 31 de xullo de 2012).

O sexto, Curso de intervención en emerxencias en torres eólicas, está destinado a profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcio), persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil e ás/aos profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida (Grumir) e outros servizos municipais de intervención en emerxencias). É necesario ter realizado o curso básico de protección civil. O contido do mesmo, de 21 horas, é: uso e evacuación de elevadores de servizo, extinción de incendios en aeroxeradores, evacuación (descensor de aeroxeradores), primeiros auxilios, rescate en vertical (tubo, nacelle, escaleira). O prazo para a presentación de solicitudes finaliza o 17 de marzo. As/Os solicitantes seleccionados/as deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da persoa responsable da agrupación ou da/do xefe/a de persoal do concello.

O sétimo é o de Condución de vehículos todoterreo, de 20 horas lectivas (formación teórica e práctica), e vai dirixido ao persoal profesional de servizos relacionados coa xestión de riscos e emerxencias e persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas que teñen como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias.  O prazo para a presentación de solicitudes: edicións presenciais (17 de marzo 2012) e edicións mixtas (do 1 de xuño ao 31 de xullo de 2012). 

E o último, Curso de busca e salvamento en montaña e zonas illadas, de 20 horas lectivas, tamén está dirixido ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida (Grumir) e outros servizos municipais de intervención en emerxencias) e policías locais dos concellos de Galicia. É necesario ter realizado o curso básico de protección civil. O contido divídese en xeneralidades, coordinación do socorro, protocolos de busca (distribución de tarefas), orografía e cartografía, lectura e interpretación de mapas, principios básicos de orientación e utilización do compás, métodos de busca de persoas desaparecidas, busca en situacións especiais, técnicas de busca e salvamento en zonas de difícil acceso, axentes agresores na montaña, actuacións en situacións de risco vital, técnicas de inmobilización e traslado con medios convencionais e improvisados e consellos prácticos para a prevención de accidentes. O prazo para a presentación de solicitudes: edicións presenciais (17 de marzo 2012) e edicións mixtas (do 1 de xuño ao 31 de xullo de 2012). As/Os solicitantes seleccionados/as deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da persoa responsable da agrupación ou da/do xefe/a de persoal do concello.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>