Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para a contratación de xestores de internacionalización
Axudas para a contratación de xestores de internacionalización PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 14 Marzo 2012 12:49

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da aprobación das bases reguladoras das axudas deste instituto para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2012 en réxime de concorrencia non competitiva.

O obxecto é facilitar ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados poñendo ao seu alcance axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización empresarial, conseguindo, ao mesmo tempo, a formación de especialistas en comercio exterior e a súa incorporación ao mercado laboral

Poderán ser beneficiarios deste programa de axudas:
a) As empresas, pemes ou non pemes, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, que teñan un proxecto de internacionalización da propia empresa solicitante.
b) As asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers (con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro) de carácter eminentemente empresarial que representen a un colectivo de empresas galegas, que estean domiciliados en Galicia e que teñan un proxecto de internacionalización que beneficie a todas as empresas asociadas ao organismo intermedio ou, no caso de que non beneficie a todas, que beneficie polo menos ao 25% das empresas asociadas, o cal se acreditará mediante declaración do número total de asociados e lista detallada de empresas acollidas ao proxecto.
c) Centros de tecnoloxía e centros de apoio á innovación tecnolóxica, inscritos con anterioridade ao 31.12.2011 no Rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o Rexistro de tales centros, BOE n.º 20, de 23 de xaneiro de 2009), que estean domiciliados en Galicia e que teñan un proxecto de internacionalización.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 maio de 2012. Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>