Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Incentivos ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica
Incentivos ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Marzo 2012 13:33

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da aprobación das bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

O obxecto é impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia a través do financiamento parcial dos custos iniciais necesarios para a posta en marcha destes proxectos empresariais innovadores de contido científico e/ou tecnolóxico, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2012 do programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídos os autónomos/as, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda. O cadro de persoal no mes en que se proceda á primeira contratación por conta allea deberá estar constituído, como mínimo, nun 25 por cento por persoas con titulación universitaria. As entidades beneficiarias deberán crear, no primeiro ano de actividade, emprego estable para persoas desempregadas, respectando a proporción dunha persoa con titulación universitaria por cada 4 postos de traballo da IEBT.

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Apoio á función xerencial.
d) Subvención financeira.
e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2012. Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>