Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para o fomento de solicitudes de patentes
Subvencións para o fomento de solicitudes de patentes PDF Imprimir Correo-e
Luns, 09 Abril 2012 11:11

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da resolución da convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento das solicitudes de patentes e modelos de utilidade españolas e no exterior.

Esta orde ten por obxecto realizar a convocatoria para a concesión pola Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) de subvencións para o fomento das solicitudes de patentes para o ano 2012, no marco da Orde ITC/717/2010, do 17 de marzo (BOE do 24 de marzo), que establece as bases reguladoras destas subvencións.

Esta convocatoria consta de dous programas:
a) Programa de axudas para o fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade no exterior: dirixido a estimular a protección internacional da tecnoloxía a través das patentes ou dos modelos de utilidade (o obxectivo é mellorar a competitividade das empresas que emprenden a busca de mercados fóra de España, especialmente das pequenas e medianas empresas e das persoas físicas).

b) Programa de axudas para o fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois para PEMES e persoas físicas: dirixido a estimular a protección nacional da tecnoloxía a través de patentes ou modelos de utilidade co fin de mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas e das persoas físicas.

Estas axudas serán compatibles con outras subvencións, axudas ou ingresos procedentes de calquera das Administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de Organismos Internacionais. A suma das axudas ou subvencións outorgadas aos beneficiarios, no marco da presente convocatoria, en ningún caso poderá ser superior ao custo das actividades subvencionadas.

En ningún caso as subvencións poderán superar o importe máximo total das axudas “de mínimis”, establecido en 200.000 € (100.000 € se se trata de empresas que operan no sector do transporte por estrada) durante un período de tres exercicios fiscais para unha mesma empresa, nin individualmente, nin como resultado da participación en agrupacións sen personalidade, de acordo co disposto no artigo 2, apartado 2, do Regulamento (CE) número 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro. O devandito Regulamento aplícase ás axudas concedidas ás empresas de todos os sectores, con excepción das sinaladas no artigo 1 deste. A axuda “de mínimis” non se acumulará con ningunha axuda estatal correspondente aos mesmos gastos subvencionables, se a devandita acumulación dá lugar a unha intensidade da axuda superior á establecida para as circunstancias concretas de cada caso nun regulamento de exención de categorías ou nunha decisión adoptada pola Comisión, de acordo co previsto no Regulamento número 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 3 de maio de 2012, e para formalizar esta solicitude, os/as interesados/as deben acceder á sede electrónica da OEPM (https://sede.oepm.gob.es).  Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>