Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentada ao Programa Inega
Requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentada ao Programa Inega PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Abril 2012 10:27

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación dos requirimentos de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 2 de setembro de 2011, que estableceu as bases reguladoras e anunciou a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011 (Diario Oficial de Galicia número 176, do 14 de setembro).


O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 da Resolución do 2 de setembro de 2011 (en diante, bases) procedeu á análise da documentación das solicitudes referidas ás seguintes actuacións: rehabilitación da envolvente térmica dos edificios existentes (ENV); construción de novos edificios con alta cualificación enerxética (CNE); renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE/SEM); proxectos de iluminación pública (PAP).

Unha vez revisadas na súa totalidade, identificáronse todas aquelas solicitudes que non reúnen algún dos requisitos esixidos nesta convocatoria, polo que deben ser obxecto de emenda. O artigo 11.2 das bases dispón que tales requirimentos de emenda serán notificados de acordo co establecido na Lei 30/1992; porén, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da devandita lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no DOG e a través do taboleiro electrónico habilitado para estes efectos na páxina web do Inega (www.inega.es), onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai. Poderase facer indicación expresa de que os seguintes actos administrativos do procedemento serán notificados a través do citado taboleiro (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120412/AnuncioO3G1-290312-14204_gl.html).

En virtude do anterior resólvese, ademais de ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia daquelas solicitudes suxeitas de emenda de documentación, requírese aos solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se lles indique no taboleiro electrónico. De non o facer, teranse por desistidos na súa petición de subvención e procederase ao arquivamento do expediente, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o período de emenda, poderanse dirixir a esta entidade pública a través dos teléfonos 981 54 15 36/981 54 15 37/881 99 98 02, do número de fax 981 54 15 15 ou do enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>