Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial
Subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 Abril 2012 13:18

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase do establecemento das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN848A).

1. O obxecto é incentivar o desenvolvemento de actuacións que incidan na capacidade competitiva das empresas, e que incrementen a súa capacidade tecnolóxica e innovadora mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver os seus proxectos de innovación, así como a dotación específica de unidades de I+D como vía de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou mellorados produtos ou servizos, e a transferencia de tecnoloxía entre organización densas en coñecemento e orientadas á innovación.

2. Segundo o establecido no artigo 12 do Regulamento (CE) núm. 800/2008, subvencionaranse os investimentos dirixidos a:
a) Investimentos innovadores.
a.1. Creación dun novo centro produtivo; a ampliación dun establecemento da empresa solicitante coa finalidade de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos.
a.2. Diversificación da produción dun establecemento para atender mercados de produtos novos e adicionais.
a.3. Unha transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción dun establecemento existente.
b) Dotación de unidades de I+D. Creación e ampliación da capacidade tecnolóxica estable dentro das empresas mediante estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico e non asociados á actividade produtiva.
c) Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de licenzas relativas a invencións.
3. Terán a consideración de gastos subvencionables, sempre que cumpran os requisitos da Orde EHA/524/2008, do Ministerio de Economía e Facenda, do 26 de febreiro, pola que se aproban os gastos subvencionables dos programas operativos do Feder e do Fondo de Cohesión, os seguintes:
a) Realización de investimentos en maquinaria necesaria para o proxecto sempre que supoñan unha mellora tecnolóxica significativa e innovadora nos procesos ou na actividade da empresa. No sector do transporte non serán subvencionables os medios e equipamentos de transporte.
b) Adquisición de equipamento específico para o incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora da unidade de I+D da empresa.
c) Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamentos adquiridos. Subvencionaranse aquelas instalacións e acondicionamentos específicas para algún dos investimentos subvencionados nos números 3.a) e 3.b) deste artigo sempre que non sexan xenéricos (exclúense os gastos correspondentes a mobiliario, material de oficina, iluminación e pintura) O custo por este concepto non poderá ser superior o 25% do total do investimento.
d) Custos en concepto de adquisición de dereitos sobre títulos de propiedade industrial relativos a invencións.
4. O custo subvencionable mínimo do proxecto será de 200.000 euros para as axudas que teñen por obxecto os investimentos innovadores descritos no artigo 1.2.a) destas bases e de 30.000 euros para as dotacións de unidades de I+D descritas no artigo 1.2.b) destas bases. Por debaixo destas cantidades non serán atendidas as solicitudes de subvención.  Non se establece custo mínimo para os investimentos de transferencia de tecnoloxía descritos no artigo 1.2.c) destas bases.  Non se admitirán aqueles gastos facturados entre empresas asociadas ou vinculadas atendendo ás definicións do artigo 7 desta orde de convocatoria.
5. Os equipamentos integrados nunha mesma solicitude de axuda deben referirse a unha única solución técnica. Cada unha das solicitudes só poderá ter por obxecto investimentos encadrados en unha das categorías descritas no artigo 1.2 destas bases (1.2.a. Investimentos innovadores; 1.2.b. Dotación de unidades de I+D; ou 1.2.c. Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de licenzas relativas a invencións).

Poderán ser beneficiarios/as destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 17 de maio de 2012. As solicitudes presentaranse electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es. Tamén poderán presentarse na oficina de Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se subscribise o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXAP-PAC).

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>