Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Certame 'Cooperativismo no Ensino'
Certame 'Cooperativismo no Ensino' PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Abril 2012 12:20

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase do establecemento das bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e formación profesional de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Os centros educativos que desexen participar neste certame organizarán actividades divulgativas e formativas e poderán dispoñer, para este fin, de apoios técnicos a través do Programa Cooperamos da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Poden participar no certame o alumnado e o profesorado dos centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e formación profesional, segundo as modalidades e nos termos previstos nas presentes bases (non poderán participar as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, en quen concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia). O alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia poderán presentarse ás seguintes modalidades:

a) Debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo dirixida ao alumnado de infantil e primaria.
b) Actividades cooperativizadas dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria.
c) Proxectos empresariais cooperativos dirixidos ao alumnado e ao profesorado dos centros de formación profesional.

Os traballos dos/as alumnos/as debidamente identificados deberán entregarse na Dirección Xeral de Relacións Laborais (Consellería de Traballo e Benestar, edificio administrativo de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela), xunto coa correspondente solicitude de participación, que deberá especificar a modalidade e, se é o caso, a categoría a que se presenta, ata o 16 de maio. As solicitudes tamén poderán presentarse electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es, ben que os traballos se deberán facer chegar, en todo caso, nos termos indicados anteriormente.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>