Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Programa de apoio á innovación de pequenas e medianas empresas
Programa de apoio á innovación de pequenas e medianas empresas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Abril 2012 13:49

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, conforme ás bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 21 de maio de 2010 (DOG núm. 100, do 28 de maio) e modificadas mediante a Resolución do 22 de marzo de 2012 (DOG núm. 64, do 2 de abril).


As mesmas están destinadas a:
- Proxectos que impliquen a adopción de novos modelos empresariais innovadores mediante a implantación de ferramentas de xestión avanzada. (Procedemento IG127).
- Proxectos de deseño de novo produto que poden incluír elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación sempre que estean asociados ao novo produto no mesmo proxecto. (Procedemento IG129).
- Realización de proxectos de desenvolvemento tecnolóxico aplicado. (Procedemento IG131).
- Proxectos de implantación e certificación de acordo coas normas UNE 166.001 (proxectos de I+D+i), UNE 166.002 (sistemas de xestión da I+D+i). (Procedemento IG132).
- Proxectos de innovación en colaboración na cadea de valor. (Procedemento IG134).
-Proxectos de identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes. (Procedemento IG135).
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 23 de maio de 2012, mentres que o prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro do exercicio correspondente á anualidade establecida na resolución de concesión. Os beneficiarios deberán presentar a solicitude de cobramento antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade establecida na resolución de concesión (no caso de que coincida en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte).

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>