Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Premios á Cooperación para o ano 2012
Premios á Cooperación para o ano 2012 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Abril 2012 11:28

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase do establecemento das as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Estes premios teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os cooperativistas, cooperativas e outras persoas e institucións veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.

Poderán optar a estes premios as cooperativas e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidad de Autónoma galega (non poderán resultar premiados as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, en quen concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).

Os premios á cooperación convócanse baixo as seguintes modalidades:
- Premio aos valores cooperativos (outorgarase á cooperativa, entidade ou persoa que máis teña destacado no impulso dos valores cooperativos na Comunidade Autónoma galega. O tribunal valorará a traxectoria dos/as candidatos/as, especialmente as actuacións dirixidas á aplicación práctica dos principios cooperativos establecidos pola Alianza Cooperativa Internacional e a súa adecuación ao marco socioeconómico galego).
- Premio ao mellor proxecto cooperativo (outorgarase ao proxecto empresarial cooperativo de especial relevancia, tanto de cooperativas de nova creación como das previamente existentes. O tribunal terá en conta a especial relevancia do proxecto, que pode vir determinada tanto polo seu carácter innovador ou de intercooperación, como por outras características singulares e pola súa repercusión no contorno, especialmente nos eidos económico, social e laboral).
- Premio á promoción do cooperativismo (outorgarase á persoa ou entidade que teña destacado especialmente no fomento do cooperativismo, tanto pola súa traxectoria como por actuacións de carácter puntual que resulten particularmente significativas. O tribunal terá en conta a actividade ou actividades realizadas polos/as candidatos/as e a súa repercusión na implantación e desenvolvemento do cooperativismo en Galicia, tanto nos seus aspectos cualitativos como cuantitativos, e valorará especialmente os persoeiros do cooperativismo como xeito de recoñecer as súas traxectorias neste eido).

A contía dos premios é a seguinte:
- Premio aos valores cooperativos, cunha dotación económica de 6.000 euros.
- Premio ao mellor proxecto cooperativo, cunha dotación económica de 6.000 euros.
- Premio á promoción do cooperativismo, cunha dotación económica de 6.000 euros.

O prazo de presentación das solicitudes de participación nos premios á cooperación para o ano 2012 finaliza o 17 de maio de 2012. As candidaturas poderán presentarse, asinadas polo/a candidato/a ou persoa que o propoña, na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas (Consellería de Traballo e Benestar, edificios administrativos de San Lázaro, Santiago de Compostela), no prazo indicado na convocatoria.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>