Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Becas de prácticas de comercio exterior en asociacións de exportadores
Becas de prácticas de comercio exterior en asociacións de exportadores PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Abril 2012 12:43

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da Resolución do 20 de abril de 2012, da Secretaría de Estado de Comercio, pola que se convocan para o ano 2012, bolsas destinadas á realización de prácticas de comercio exterior en asociacións españolas de exportadores.

Convócanse en réxime de concorrencia competitiva nove bolsas para realizar prácticas de comercio exterior na sede das asociacións españolas de exportadores conforme ás bases que se especifican no anexo I da Orde mencionada. Os bolseiros colaborarán nas actividades de comercio exterior a realizar polas asociacións como: promoción comercial, elaboración de estudos de mercado, organización de estatísticas de comercio exterior e bases de datos, mellora do boletín informativo, así como a realización de estudos ou informes relacionados co comercio exterior (para cumprir coa finalidade desta convocatoria os bolseiros estarán obrigados a remitir á Secretaría de Estado de Comercio memorias trimestrais durante o desfrute da bolsa, que así o verifiquen).

Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión da nacionalidade española.
b) Idade non superior aos trinta e cinco anos.
c) Estar en posesión, antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes, polo menos, do título de Diplomado Universitario, Enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico ou equivalente; valoraranse especialmente as licenciaturas en Economía, Dirección e Administración de Empresas, Dereito e Enxeñaría. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar validados ou recoñecidos oficialmente.
d) Dominio do idioma inglés.
e) Non padecer enfermidade ou impedimento físico ou psíquico que imposibilite o cumprimento das obrigas como bolseiro.
f) Acreditar unha experiencia práctica de, polo menos, un ano en actividades relacionadas coa promoción comercial en mercados estranxeiros ou coa internacionalización da empresa española.
g) Posibilidade de dedicación completa ás tarefas a desempeñar como contrapartida da bolsa.
h) Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
i) Non estar incursos en ningunha das causas de inhabilitación previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

O período de duración da bolsa será dende o 1 de xuño, ou dende a data da Resolución definitiva de concesión, ata o 31 de decembro de 2012.

A solicitude elaborarase conforme ao modelo «Impreso de Solicitude de Bolsa» habilitado para o efecto pola Secretaría de Estado de Comercio, que figura no anexo I desta Resolución, e é accesible a través do Ministerio de Economía e Competitividade, http://www.mineco.gob.es/. Nestas mesmas páxinas encóntranse as directrices que os solicitantes deberán ter en conta no momento de cumprir a documentación. Esta documentación tamén se encontrará dispoñible na sede do Tribunal mencionada na disposición quinta. A presentación das solicitudes, dirixidas ao Secretario de Estado de Comercio, poderá realizarse dende o mesmo día da publicación no BOE desta resolución e ata o 11 de maio de 2012, ambos os dous inclusive, por calquera das seguintes vías alternativas:
a) Por vía telemática, accesible a través da seguinte páxina web https://subsede.comercio.mityc.gob.es/SubsedeComercio/Procedimientos+y+Servicios+Electrónicos/Procedimientos+Telemáticos/, que se utilizará de forma preferente por todos aqueles candidatos que dispoñan de firma electrónica baseada nun certificado recoñecido segundo o disposto na Lei 59/2003, do 19 de decembro (BOE do 20 de decembro de 2003), sobre firma electrónica.
b) No Rexistro Xeral do Ministerio de Economía e Competitividade e, en calquera dos demais rexistros e oficinas (entre elas, de Correos) previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, á seguinte dirección: «Ayudas a las Asociaciones de Exportadores». Paseo de la Castellana, 162, planta 5.ª, despacho 4. 28046 Madrid

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 11 de maio de 2012. Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>