Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para o fomento da propiedade industrial
Subvencións para o fomento da propiedade industrial PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Abril 2012 12:45

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN525A).

O obxectivo das subvencións reguladas nestas bases é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións. Trátase de impulsar a protección, non só das innovacións técnicas (invencións), senón tamén das innovacións de forma (deseños industriais) e de imaxe (signos distintivos).

Estas subvencións destinaranse a atender os gastos derivados da tramitación de solicitudes de títulos de propiedade industrial e da súa renovación, ante as oficinas nacionais, rexionais ou internacionais. Dentro destas tramitacións inclúense como subvencionables, sempre que cumpran os requisitos da Orde EHA/524/2008, do Ministerio de Economía e Facenda, do 26 de febreiro, pola que se aproban os gastos subvencionables dos programas operativos do Feder e do Fondo de Cohesión, os seguintes conceptos e gastos:
- Solicitude de calquera título de propiedade industrial (invencións, creacións de formas e signos distintivos). Dentro deste concepto inclúense todos os trámites que sexan necesarios para a solicitude do título correspondente e que supoñan o pagamento dunha taxa oficial ante a oficina de propiedade industrial correspondente, así como a transformación ou a extensión territorial de títulos existentes. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:
• Os importes das taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites citados.
• Os gastos de consultoría externa asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites citados. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo X.

Exclúese deste concepto o trámite referido á solicitude do certificado do título de rexistro tanto da marca como do nome comercial naqueles casos en que este trámite non require o pagamento dunha taxa ante a oficina de propiedade industrial correspondente.
- Mantemento de calquera título de propiedade industrial. Dentro deste concepto inclúense todos os trámites correspondentes á renovación de marcas, nomes comerciais e deseños industriais e á renovación e posta en explotación de patentes e modelos de utilidade. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:
• Os importes das taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites citados.
• Os gastos de consultoría externa asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites citados. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo X.
- Análises de rexistrabilidade de calquera título de propiedade industrial (invencións, creacións de formas e signos distintivos). Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:
• Os gastos de consultoría externa asociados á realización de buscas de antecedentes rexistrais ou informes de rexistrabilidade, efectuados con carácter previo á solicitude de protección do título de que se trate. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo X.
• A subvencionalidade destes gastos está condicionada á presentación, ante a oficina de que se trate, da solicitude do título correspondente.

Non serán gastos subvencionables os seguintes:
• O imposto sobre o valor engadido (IVE).
• Os gastos de intermediación entre o solicitante de subvención e a consultora externa prestadora do servizo para o que se solicita subvención, é dicir, soamente se subvencionarán os gastos da entidade que realizou efectivamente a tramitación, e non os da que serviu de mero intermediario.

Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, e segundo os conceptos e gastos subvencionables descritos con anterioridade, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que teñan o seu domicilio social ou algún centro produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os conceptos para os que solicitan a subvención teñan aplicación directa nestes centros produtivos.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de novembro de 2012. Para máis información e tramitación deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>