Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas á reorientación e competitividade das PEMES galegas
Axudas á reorientación e competitividade das PEMES galegas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 09 Maio 2012 11:53

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas, en parte cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, conforme as bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG núm. 80, do 29 de abril) e modificadas mediante Resolución do 13 de febreiro de 2012 (DOG núm. 39, do 24 de febreiro).


Estas axudas estarán cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ao 80%, eixe 1, tema prioritario07, actuación 3 ou ao 70%, eixe 2, tema prioritario 09, actuación 5, no caso dos proxectos do artigo 1.1.3 das bases reguladoras e ao 70%, eixe 2, tema prioritario 09, actuación 5, no caso dos proxectos do artigo 1.1.4 das bases reguladoras.

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes:

Partida orzamentaria

Procedemento

Orzamento 2012

08.A1.741A.7705

IG103-Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes entre 100.000 € e 500.000 € de investimento subvencionable

3.588.953,00 €

08.A1.741A.7706

IG174-Proxectos de mellora dos equipamentos das pemes do sector servizos cun investimento subvencionable superior a 30.000 € e ata 200.000 €

1.500.000,00 €

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 04 de xuño 2012. Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>