Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas de apoio á internacionalización das PEMES
Axudas de apoio á internacionalización das PEMES PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Maio 2012 12:58

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 10 de maio de 2012, do Instituto Español de Comercio Exterior, pola que se convoca a concesión de axudas a través do Programa ICEX-NEXT de apoio á internacionalización das PEMES española non exportadora ou exportadora ocasional.

O obxecto da mesma é acelerar e consolidar o crecemento internacional de PEMES españolas non exportadoras ou exportadoras ocasionais que conten cun proxecto competitivo.

As empresas beneficiarias son as PEMES españolas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Empresa con produto ou servizo propio.
2. Empresas con potencial exportador e cuxa exportación non supere o 30% da súa facturación
3. Empresas que conten con persoal cualificado e comprometido coa implantación do proxecto de internacionalización da empresa.
4. Empresas con capacidade financeira para a execución dun proxecto de exportación que permita posicionar á empresa no exterior.

A duración do Programa será de 24 meses, asentándose no seguinte contido:  ICEX Next conta cun total de 60 horas de asesoramento personalizado ás empresas (30 horas obrigatorias +30 horas opcionais), prestado por expertos en distintos ámbitos da internacionalización e competitividade exterior:
Asesoramento: 60 horas (30 horas obrigatorias):
- Asesoramento estratéxico e outros servizos de asesoramento de mellora da competitividade internacional para o inicio do proceso exportador.
- Asesoramento estratéxico e outros servizos de asesoramento que faciliten o desenvolvemento e consolidación da rede comercial en mercado destino.

A empresa poderá, en función das características do seu modelo de negocio no exterior e do grao de desenvolvemento da súa estratexia internacional, seleccionar aqueles expertos que lle sexan de maior utilidade.

Así mesmo, apoia gastos de promoción para que as empresas poidan poñer en marcha a estratexia de internacionalización planificada. As empresas acollidas a este Programa poderán beneficiarse doutros apoios incluídos dentro dos Servizos ICEX Club Next

As empresas que sexan admitidas no Programa, terán que presentar a seguinte documentación:
- Carta de adhesión ao programa (anexo II), que inclúe Declaración responsable das axudas mínimis e Declaración sobre o cumprimento da condición de ser ou non PEME por parte da empresa solicitante segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, sobre a definición de pequenas e medianas empresas.
- Certificación de non recibir axudas económicas coincidentes co apoio recibido por conceptos de gasto realizados con cargo ao programa (incluído en anexo IV).
- Declaración de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e en materia laboral e da Seguridade Social:
1. Poderá optar por autorizar a ICEX a realizar a consulta á Axencia Tributaria e á Tesouraría da Seguridade Social. Esta autorización deberá realizarse cumprindo o anexo III, selado e remitido xunto co resto da documentación xustificativa.
2. No caso de non autorizar o ICEX, deberá presentar certificado de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, no momento da xustificación da axuda.

- O ICEX está especialmente interesado en que a empresa solicitante autorice á Axencia Estatal da Administración Tributaria (sempre que non o tivese feito previamente), a que remita a ICEX información sobre o seu comercio exterior, co que sistematicamente dispoñeremos dunha información actualizada que nos permitirá coñecer mellor as súas realizacións de comercio exterior e asegurar ter permanentemente actualizadas as nosas bases de datos. A autorización sinalada hase de cursar unha soa vez, e para iso deberá acceder a http://www.icex.es/icex-aeat/web/index.html e obter así máis información e a forma de proceder para cursar a súa autorización.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza a finais de ano. Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>