Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia
Subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Xuño 2012 11:34

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da resolución do 11 de maio de 2012 pola que convocan para o período 2012-2013 as subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

O obxecto da mesma é a convocatoria de subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, asentada nas seguintes liñas de axuda:

Liña A) Fomento de actividades turísticas
Liña B) Servizos básicos para a economía e a poboación rural
Liña C) Conservación e mellora do patrimonio rural

Poderán ser beneficiarios/as:
Fomento de actividades turísticas: Asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas en promover actividades turísticas no medio rural.
Servizos básicos para a economía e a poboación rural: Asociacións, fundacións, comunidades veciñais de montes en man común e entidades privadas sen ánimo de lucro. Asociacións e confederacións de empresarios.  
Conservación e mellora do patrimonio rural: Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 20 de xullo de 2012. Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>