Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Seminario de “Avaliación de Ideas Empresariais” en Verín
Seminario de “Avaliación de Ideas Empresariais” en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Xuño 2012 12:45

Na xornada de mañá, de 16 a 21 horas, a Casa da Xuventude de Verín acollerá a primeira das sesións do “Seminario Avaliación de Ideas Empresariais: xeración e maduración de ideas”, organizado por BIC Galicia e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Este seminario, que terá a súa continuación os días 20 e 26 de xuño, no mesmo horario, está dirixido a emprendedores/as do municipio. Os obxectivos do mesmo son xerar ideas, madurar ideas para convertelas en ideas empresariais ou de negocio e realizar á viabilidade do proxecto e do seu potencial como proxecto de empresa. Este seminario, impartido por persoal técnico de BIC Galicia e cunha duración de 15 horas, constitúe unha ferramenta de formación mixta, que combina tres grandes grupos de actividades, que se corresponden con cada unha das tres sesións nas que se divide o seminario. A partir da análise de 34 fontes de ideas, agrupadas en 6 niveis, os/as asistentes autoxeren un conxunto de ideas de empresa que se agruparán no seu Banco de ideas para a súa validación posterior. A partir das ideas xeradas ou previas, realizaranse un conxunto de actividades co obxecto de transformar algunha delas en ideas empresariais. Por último, os asistentes recibirán e utilizarán una metodoloxía de avaliación co obxecto de obter a información necesaria para unha valoración cualitativa da súa idea de negocio.

O “Seminario Avaliación de Ideas Empresariais: xeración e maduración de ideas” é o segundo dos realizados nestas últimas semanas en Verín, xa que o pasado 31 de maio tivo lugar o “Seminario de motivación emprendedora” destinado a: fomentar o espírito emprendedor, ver o autoemprego coma unha opción máis, expoñer unhas nocións básicas do proxecto empresarial, romper co mito da definición do concepto de empresario, explicar con que recursos e ferramentas pódese contar desde BIC Galicia. Este seminario, tamén impartido por persoal técnico de BIC Galicia, estivo asentado no programa do emprendedor, idea de negocio e posta en funcionamento do mesmo e dirixido a persoal pre-emprendedores/as.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>