Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para a mellora de establecementos restaurantes
Subvencións para a mellora de establecementos restaurantes PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Xuño 2012 13:13

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos restaurantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico de calidade, mediante a subvención a entidades privadas para a potenciación do turismo a través da mellora de establecementos restaurantes na Comunidade Autónoma de Galicia.As axudas reguladas nesta resolución establécense ao abeiro do Regulamento (CE) 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 210, do 31 de xullo) para o período 2007-2013, de acordo co establecido na Orde EHA 524/2008, do 26 de febreiro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Feder e Fondo de Cohesión.
Estas axudas axústanse ao obxecto establecido no eixe 5: desenvolvemento sustentable local e urbano. Tema prioritario 57: axudas á mellora dos servizos turísticos. Actuacións de fomento do turismo (5.57.2) do Programa operativo de Galicia Feder 2007-2013.
Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.
En concreto, consideraranse actuacións subvencionables as que se citan a seguir:
- Mellora nas instalacións dos establecementos restaurantes relativas a:
* Obras necesarias para acadar condicións de accesibilidade no establecemento e supresión de barreiras físicas ou sensoriais: ramplas de acceso, agarradeiros, ...
* Obras necesarias para a mellora da sustentabilidade nos establecementos (aforro enerxético, redución da contaminación acústica ou lumínica etc...).
* Obras de renovación e mellora de cociñas e baños e comedores dos restaurantes.
* Mellora de garaxes ou aparcamentos para uso exclusivo de clientes no mesmo predio onde se sitúen os establecementos.
- Mellora de servizos dos establecementos restaurantes relativas a:
* Adecuación dos servizos de restauración para accesibilidade das persoas con discapacidade física ou sensorial (renovación ou modificación audioguías, pantallas táctiles ...).
*Ampliación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión dos establecementos.
A mellora subvencionable non poderá supor un incremento superior ao 10% das prazas autorizadas pola Administración turística (e no caso de ter gozado dunha subvención semellante nos últimos cinco anos, non poderá incrementar ningunha praza); no caso de que a mellora implique un incremento superior, presentarase a desagregación orzamentaria do proxecto que reflicta o custo correspondente á creación de cada unha das novas prazas que permita a determinación da contía da subvención.
En ningún caso se financiarán as obras de mantemento do establecemento.

Considérase investimento subvencionable tanto a execución material das obras que se acometan para a mellora dos establecementos obxecto desta resolución, e igualmente, de ser o caso, a adecuación do contorno, as actuacións de recuperación dos elementos de arquitectura tradicional existentes e os honorarios técnicos. Están comprendidos nos proxectos de obras e son, polo tanto, subvencionables, todos aqueles bens de equipo que deben ser empregados nestas mediante instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra (cociñas, cámaras frigoríficas, instalacións de aire acondicionado etc.). Non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra as ditas condicións.

Queda expresamente excluído do ámbito de aplicación desta resolución o mobiliario, a lenzaría, o enxoval doméstico, a louza e análogos e a adquisición de terreos.

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións as persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos restaurantes nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención. Os titulares dos establecementos restaurantes que se subvencionen terán que ser propietarios dos inmobles ou predios obxecto de actuación ou ben ter unha disposición sobre eles, acreditada por calquera título válido en dereito, que permita realizar o investimento proxectado. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos inmobles e/ou dos predios. E será requisito imprescindible, para a concesión destas axudas, que a empresa solicitante teña inscrita, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT) a actividade turística para a cal solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

As solicitudes presentaranse, antes do 29 de xullo, no Rexistro Único da Xunta de Galicia ou por calquera outro dos restantes medios previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Secretaría Xeral para o Turismo, a través dos seguintes medios: páxina web oficial da Secretaría Xeral para o Turismo (www.sxturismo.org), nos teléfonos 981 54 63 79 e 981 54 63 78 e o fax 981 54 63 71 de devandita secretaría xeral, no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou presencialmente.

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>