Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para promover a sociedade da información no comercio retallista galego
Subvencións para promover a sociedade da información no comercio retallista galego PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Agosto 2012 12:26

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da apertura prazo de presentación de solicitudes de subvencións para promover a sociedade da información no comercio retallista galego a través de entidades colaboradoras previsto na citada orde (procedemento IN214A), e se procede á publicidade da relación de ditas entidades colaboradoras, seleccionadas ao abeiro da orde do 11 de agosto do 2011 (procedemento IN214B).

Con data do 29 de agosto de 2011, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 164, a Orde do 11 de agosto de 2011 pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013. A citada orde fora obxecto de modificacións con data do 29 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia nº 187), pola Orde do 26 de setembro, así como en data 20 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia nº 241), por Orde do 16 de decembro, e con data do 28 de decembro (Diario Oficial de Galicia nº 247) por Orde do 26 de decembro.

O inicio das actuacións previstas neste réxime de axudas está suxeito ao disposto no artigo 5.1 do anexo II da Orde do 11 de agosto de 2011, no que se recolle que a partir do día 26 de xullo de 2012 se procede á apertura do prazo de presentación de solicitudes de subvención, se iniciará o citado prazo que permanecerá aberto ata o 10 de novembro de 2012, ou ata que se esgote o crédito orzamentario se se produce este esgotamento en data anterior.

Poderán solicitar e beneficiarse das subvencións para as actuacións subvencionables recollidas no artigo 4 das bases desta convocatoria, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, os/as comerciantes que realicen a súa actividade única e exclusivamente como comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, e as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que teñan domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia e que, entre outros requisitos, estean incluídos dentro das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo IV desta orde, non estar dados de alta noutras epígrafes distintas ás recollidas no citado anexo, e estar obrigatoriamente inscritos no Rexistro Galego de Comercio.

As entidades colaboradoras na xestión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego e as condicións de colaboración serán en Verín os establecementos: Beep Verin, S.L. (R/ Mariano Carrero, nº 18 baixo) e Ordenadores Verin, S.C. (R/ As Flores 3, baixo). As mesmas actuarán como canle entre os/as beneficiarios/as e a consellería nos termos establecidos nesta orde.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>