Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Modificación da orde do programa para a promoción do emprego autónomo
Modificación da orde do programa para a promoción do emprego autónomo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Agosto 2012 13:37

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 6 de agosto de 2012 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.


No Diario Oficial de Galicia nº 14, do 20 de xaneiro de 2012, publicouse a Orde do 30 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

A publicación no Boletín Oficial del Estado do 30 de xuño da Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2012, expresa un importante esforzo no control do gasto co fin de reducir o déficit público e acadar o obxectivo de estabilidade orzamentaria, cun axuste de 27.300 millóns de euros.

Este importante axuste supón unha redución media de case o 17 por cento na capacidade de gasto dos ministerios e, no caso das políticas activas de emprego implica a redución de 1.557 millóns de euros para este exercicio no conxunto do Estado, tanto para o Servizo Público de Emprego Estatal como para os autonómicos.

A orde de convocatoria en materia do programa de promoción do emprego autónomo antes citada, competencia da Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, ditouse e publicouse coa correspondente autorización do gasto con base nos créditos contidos na Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, de acordo coas previsións de fondos finalistas facilitadas polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Unha vez aprobada pola Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, na súa reunión do día 24 de maio de 2012, a distribución de fondos en materia laboral dos orzamentos xerais do Estado para a súa xestión polas comunidades autónomas no ano 2012 e, en concreto, para Galicia, en materia de medidas de políticas activas de emprego, procede realizar o correspondente e necesario axuste nas diferentes partidas destinadas ao financiamento destas medidas, de conformidade coas normas e previsións da Estratexia española de emprego 2012-2014, aprobada polo Real decreto 1542/2011, do 31 de outubro, e do Plan anual de política de emprego para 2012.
Por todo o anterior, esta nova orde publicada na xornada de hoxe, 10 de agosto de 2012, no DOG establece que para o exercicio orzamentario 2012 minórase o importe do orzamento inicial previsto para a Orde do 30 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, na aplicación e na contía seguinte: 3.312.209,00 euros.

Ademais, modifícase o prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas, que conclúe o 10 de setembro de 2012, en vez do día 30 de setembro como esta previsto na  Orde do 30 de decemb

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>