Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras
Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Agosto 2012 13:36

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.


O obxecto é fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2012 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, en especial as persoas novas sen cualificación profesional, as persoas desempregadas de longa duración, as persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade e as persoas que esgotasen as prestacións por desemprego, a través dos seguintes programas:
I. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial. “Programa CONII” (anexo I).
II. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial a tempo parcial “Programa CONIIP” (anexo II).
III. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos. “Programa Estabiliza” (anexo III).
IV. Programa de incentivos á contratación temporal de colectivos en risco de exclusión social. “Programa Inserta” (anexo IV).
V. Programa de emprego, orientación e formación. “Programa Emporfor” (anexo V).

Para os efectos desta orde, entenderase:
1. Persoa desempregada: aquela que estea inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da súa contratación e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. A comprobación da inscrición no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego na data de solicitude de alta na Seguridade Social realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que a inscrición fose realizada noutro servizo público de emprego distinto da Comunidade Autónoma de Galicia. O órgano xestor comprobará directamente que a persoa traballadora pola que se solicita subvención carece de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na data da súa alta no réxime xeral da Seguridade Social.
2. Colectivos en situación de risco de exclusión social:
• Persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia, aquelas que non poidan acceder a ela, ben por falta do período esixido de residencia ou empadroamento, ou ben por ter esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido, e os membros da súa unidade familiar que se atopen en situación de desemprego.
• Persoas que participen ou participasen en procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados.
• Persoas internas de centros penitenciarios cuxa situación penitenciaria lles permita acceder a un emprego, así como liberados ou liberadas condicionais ou ex-reclusos ou ex-reclusas que non tivesen antes un emprego fixo remunerado tras un período de privación de liberdade.
• Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral.
• Persoas que abandonasen o exercicio da prostitución e se incorporen ao mercado laboral.
• Persoas transexuais ou en proceso de reasignación sexual.
• Persoas menores de idade internas incluídas no ámbito de aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, cuxa situación lles permita acceder a un emprego, así como os/as que estean en situación de liberdade vixiada e os ex-reclusos e ex-reclusas.
• Persoas que estean ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da Administración autonómica.
• Persoas inmigrantes que pasen a ser residentes da comunidade autónoma, cuxas características condicionen a súa integración social.
• Persoas emigrantes retornadas con graves necesidades persoais ou familiares.
• Persoas que formen parte de colectivos ou minorías cuxas características poidan condicionar as súas posibilidades de integración social.
• Persoas vítimas de violencia de xénero.
3. Persoa desempregada de longa duración: aquela que na data da súa alta no correspondente réxime de Seguridade Social, estea sen traballo e acredite un período de inscrición ininterrompido como desempregado na oficina de emprego de 180 días, se son menores de 25 anos ou maiores de 45 anos de idade, e de 360 días, se teñen 25 anos ou máis e son menores de 45 anos.
4. Persoa desempregada que esgotase as prestacións por desemprego: aquela que extinguise por esgotamento a prestación por desemprego de nivel contributivo ou calquera outra prestación non contributiva facilitada desde o Servizo Público de Emprego. No caso de que non tivese dereito á percepción da prestación por desemprego de nivel contributivo, que esgotase o subsidio de desemprego e, en ambos os dous casos, non desempeñase ningún traballo, nin por conta allea nin propia, desde a data de esgotamento.
5. Persoa nova desempregada sen cualificación: aquela persoa que tendo 30 ou menos anos de idade non estea en posesión dun titulo profesional que a habilite para formalizar un contrato en prácticas segundo o artigo 11.1 do Estatuto dos traballadores.
6. Microempresa: a empresa en que a media aritmética do seu cadro de persoal no ámbito territorial de Galicia, nos doce meses anteriores á realización da contratación obxecto de subvención, sexa inferior a 10, e cuxo volume de negocios anual non supere os 2 millóns de euros. O cálculo do número de traballadores do período de referencia será o cociente que resulte de dividir o número total de horas traballadas nos 12 meses anteriores polo número de horas anuais dun traballador a tempo completo establecido no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.
7. Custo salarial: importe mensual que lle vai supoñer á empresa ter un traballador contratado. Nel están incluídos única e exclusivamente o salario bruto e os custos sociais a cargo da empresa.
8. Concello rural: aquel que teña unha poboación de menos de 20.000 habitantes. Para computar o número de habitantes dos concellos galegos tomaranse como referencia as cifras de poboación referidas ao 1 de xaneiro de 2011, resultantes da revisión do padrón municipal, publicadas polo Instituto Nacional de Estatística e declaradas oficiais mediante o Real decreto 1782/2011, do 16 de decembro, (BOE nº 303, do 17 de decembro).
9. Participante activo: aquela persoa desempregada inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego que participase ou participe nalgún dos programas de fomento da empregabilidade. A comprobación da condición de persoa participante activa na data de solicitude realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que a inscrición fose realizada noutro servizo público de emprego distinto da Comunidade Autónoma de Galicia.
10. Entidade colaboradora: aquela que participase, participe ou poida participar nos diferentes programas de fomento da empregabilidade e/ou de inclusión, que implican colaboración directa coa Administración na posta en marcha das políticas activas de emprego definidas pola Consellería de Traballo e Benestar:
Empresas en que se realice o módulo de prácticas profesionais non laborais dos certificados de profesionalidade cos alumnos ou alumnas dos cursos de formación para o emprego subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar.
Empresas que realizasen cursos de formación de persoas desempregadas con compromiso de contratación ao abeiro das convocatorias da Consellería de Traballo e Benestar.
Empresas que contraten alumnos e alumnas provenientes de cursos de formación para o emprego realizados no marco das convocatorias da Consellería de Traballo e Benestar.
Empresas que contraten alumnos e alumnas que participaran en programas de escolas obradoiro, casas de oficios ou obradoiros de emprego.
Empresas que contraten persoas desempregadas que participasen en programas de cooperación.
Empresas que contraten a persoas desempregadas provenientes dos programas integrados de emprego realizados no marco das convocatorias da Consellería de Traballo e Benestar.
Empresas que presenten ofertas de traballo a través do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Empresas que colaboren coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofertando prácticas non laborais aos seus alumnos e alumnas.
Empresas que colaboren nos programas de inclusión social da Consellería de Traballo e Benestar.
11. Programas de fomento da empregabilidade: aqueles programas incluídos nas políticas activas de emprego destinados ao fomento do emprego e á mellora da empregabilidade xestionados pola Consellería de Traballo e Benestar, ben directamente ou a través de entidades colaboradoras, a partires do ano 2009:
– Programas formativos.
– Programas mixtos de formación e emprego.
– Programas de orientación.
– Programas de intermediación laboral.
– Programas de emprego-prácticas laborais.
– Programas de cooperación.
– Calquera outro programa xestionado pola Consellería de Traballo e Benestar.
12. Taxa de estabilidade: a porcentaxe do persoal traballador fixo sobre o total do cadro de persoal no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde e que acrediten a condición de entidade colaboradora segundo o establecido no artigo 2.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.

As axudas previstas nos diferentes programas desta orde poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a trans¬formación do contrato temporal en indefinido.

Entre as obrigas das entidades beneficiarias atópase a de manter, no seu cadro de persoal fixo, as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de tres anos, desde a data a contratación.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2012, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.  As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2011 e a data da publicación desta orde, poderán presentarse no prazo dun mes a contar desde a data de publicación desta orde (ata o 14 de setembro 2012)
Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.


 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>