Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Proxectos de uso das tecnoloxías da información e as comunicacións
Proxectos de uso das tecnoloxías da información e as comunicacións PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Agosto 2012 13:04

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das bases reguladoras aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2012.

O obxecto é potenciar o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das empresas de menos de 10 traballadores que estean situadas nas áreas rurais de Galicia. Todos os proxectos subvencionables deberán cumprir os requisitos seguintes:
a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda.
b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia exceptuando as zonas incluídas nos perí¬metros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.
c) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os cales se lles concedeu a axuda.
d)    Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
e) Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.
f) Que o promotor do proxecto non fose sancionado pola Consellería do Medio Rural e do Mar pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate da presentación das solicitudes.

Os proxectos subvencionables deben cumprir a seguinte descrición:
As axudas están destinadas a implantación de equipamento físico (hardware) e aplica¬cións informáticas (software) nas microempresas que desenvolvan a súa actividade econó¬mica no rural, para que aproveiten as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) xunto con acceso á internet de calidade, no seu proceso de negocio.
Só se valorarán aquelas solicitudes que representen un investimento subvencionable de polo menos 4.000 euros (sen IVE).
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre a data de presentación da solicitude e a data límite de xustificación de cada ano para o cal se pide a subvención. Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, ope¬rativos e verificables na data límite de xustificación do proxecto.

Gastos subvencionables:
1º. Equipamentos electrónicos da rede de datos de área local (LAN) da empresa: ordenadores servidores da rede, equipamentos de comunicacións en rede de cobre ou óptica (switches, routers, amplificadores etc), equipamentos de comunicacións de rede sen fíos (puntos de acceso, concentradores etc).
2º. Equipamentos para a seguridade da rede de datos da empresa: dispositivos fixos de almacenamento da información e barreiras de seguridade (firewalls).
3º. Elementos do cableado estruturado: cable de datos trenzado, fibra óptica, tomas de rede, armarios bastidores, sistemas de alimentación ininterrompida (SAI) nos bastidores, certificacións da rede de cobre ou óptica.
4º. Subministración e instalación de licenzas de software no equipamento hardware do solicitante.

Gastos non subvencionables:
1º. Páxinas web.
2º. Licenzas de software ofimático (procesador textos, cálculo, presentacións, fotogra¬fía, debuxo).
3º. Elementos de usuario (ordenadores persoais, SAI de usuario, terminais móbiles, tabletas PC, cámaras de vídeo ou fotografía etc.) e outros equipamentos de uso individual ou compartido (impresoras, fotocopiadoras, escáner etc.).
4º. Elementos de rede de datos, cableado e rede sen fíos que non sexan para uso exclu¬sivo e interno da empresa solicitante.
5º. Elementos funxibles ou removibles (discos, cintas etc.) ou gastos xerais.
6º. Servizos de mantemento ou garantía adicional sobre os elementos adquiridos.
7º. Conceptos tales como cotas de conexión, mantemento ou hospedaxe.
8º. Calquera gasto respecto do cal non sexa posible identificar o seu alcance concreto, tipo de subministración, características técnicas diferenciadoras, ou no que figuren incluí¬dos e sen cuantificar outros gastos non subvencionables.
A intensidade da axuda será como máximo do 50 % dos investimentos subvencionables recollidos na solicitude, e ata un máximo de 30.000 euros de subvención por beneficiario (os proxectos admitidos recibirán unha porcentaxe de subvención en función dos puntos obtidos na valoración, segundo os criterios recollidos nestas bases)

Poderán solicitar e beneficiarse das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as empresas privadas, xa sexan per¬soas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas, que teñan domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia e que acrediten coa solicitude de axuda o cumprimento dos seguintes requisitos:
1º. Ter domicilio e/ou alta fiscal dentro do territorio rural galego, entendendo por tal o descrito no artigo 2.b).
2º. Dispor de menos de 10 traballadores no cadro de persoal, incluíndo os de alta no réxime xeral da Seguridade Social e os que deban estar no réxime especial de traballado¬res autónomos, e non superar os 2 millóns de euros para o volume de negocio anual
3º. Dispor de contrato de conexión á internet de alta capacidade ou estar en condicións de dispor de conexión antes da data límite de xustificación da subvención.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 20 de setembro de 2012. As solicitudes presentaranse no modelo normalizado (modelo A) que se inclúe no anexo II desta resolución. Este modelo validado pola aplicación informática valerá tanto para a presentación en papel, unha vez impreso, como para a presentación electrónica

As solicitudes poderán presentarse mediante sinatura electrónica do representante le¬gal da entidade solicitante, na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, seleccionando o procedemento MR706A, sede á cal tamén se pode acceder no enderezo da internet http://agader.xunta.es

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>