Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Requirimentos de enmenda de documentación das solicitudes presentadas ao Programa Emega
Requirimentos de enmenda de documentación das solicitudes presentadas ao Programa Emega PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Agosto 2012 12:28

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 14 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas do Programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2012, a través da Resolución do 14 de maio de 2012 (DOG nº 96, do 22 de maio), axudas destinadas a incentivar as mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral; estas axudas están amparadas no réxime de axudas de minimis e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo dentro do Programa operativo FSE-Galicia 2007-2013.

A Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade, órgano encargado da instrución do procedemento, código SI429A, revisou as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución e identificou as que se presentaron sen erros e dispoñen da documentación preceptiva, así como aquelas que non reúnen algún dos requisitos exixidos.

A base 7ª da resolución pola que se aproban as bases reguladoras destas axudas dispón no seu punto 4 que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os requirimentos de emenda poderanse facer mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120824/AnuncioC3C1-170812-0001_gl.pdf)

Facer indicación expresa a todas as solicitantes recollidas no anexo I (solicitudes suxeitas a emenda de documentación) de que son requiridas para que, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución (ata o  7 de setembro). De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>