Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Ampliación do prazo de presentación das subvencións para o equipamento de locais de asociacións, fundacións e entidades culturais
Ampliación do prazo de presentación das subvencións para o equipamento de locais de asociacións, fundacións e entidades culturais PDF Imprimir Correo-e
Martes, 18 Setembro 2012 12:02

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da Orde do 11 de setembro de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Regional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para o 2012.

Esta orde ten como obxecto ampliar ata o 1 de decembro de 2012, inclusive, o prazo límite previsto no artigo 9.2 da Orde do 8 de xuño de 2012, para acreditar a realización dos proxectos subvencionados e xustificar a totalidade do orzamento do proxecto.

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>