Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Ampliación do prazo de xustificación das subvencións a empresas do sector téxtil-moda-confección
Ampliación do prazo de xustificación das subvencións a empresas do sector téxtil-moda-confección PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 03 Outubro 2012 13:32

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da Orde do 26 de setembro de 2012 pola que se modifica o artigo 17 do anexo I da Orde do 29 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 110, do 11 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil. Visión 2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN515B).


Na Orde do 29 de maio de 2012 (DOG nº 110, do 11 de xuño) establécense as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil. Visión 2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN515B).

No artigo 17 do anexo I da dita orde establécese que, para cobrar a subvención concedida, os beneficiarios deberán presentar a documentación sinalada no precepto citado na data límite do 31 de outubro de 2012.Tendo en conta o atraso producido na resolución das ditas axudas, motivado polo volume de solicitudes presentadas e polo longo proceso de avaliación, e co fin de facer viables os procesos de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o referido artigo referente a xustificación da subvención, ampliando o prazo de presentación ata o 20 de decembro do 2012.

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>