Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Curso de Instrutor de Nordic Walking Médico en Verín
Curso de Instrutor de Nordic Walking Médico en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Outubro 2012 11:21

O Concello de Verín, coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar e da  Dirección Xeral de Formación e Colocación, promove a organización do 'Curso de instrutor de Nordic Walking Médic' destinado a persoas desempregadas.

Este curso está destinado á adquisición dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional no ámbito das actividades deportivo-recreativas como instrutor na práctica do Nordic Walking Médico na natureza e en turismo activo. O fin da actividade é intruír aos/ás asistentes nunha iniciativa formativa novedosa que mellore a calidade de vida dos/as seus/súas futuros/as alumnos/as, reducir o desemprego, así como tratar de axudar na mellora física e persoal establecendo contacto coa natureza. Esta actividade profesional pode realizarse tanto de forma autónoma como por conta allea, no ámbito privado, con clientes particulares ou empresas (turísticas, albergues, casas rurais, hoteis ou axencias de viaxes), ou no ámbito público, administracións xerais, autonómicas ou locais.

Para participar no mesmo, que se desenvolverá desde o vindeiro luns ata o mes de decembro, é necesario estar desempregado/a, posuír graduado escolar ou equivalente (tamén un bo nivel cultural) e unha aptitude física e capacidade psíquica necesaria para a práctica desta actividade.  O horario será de 7 a 15 horas (de luns a sábado, excepto os festivos), e os bloques formativos divídense en: Nordic Walking-Técnica Alfa (56 horas -24 teóricas e 32 prácticas-), anatomía e fisionomía (48 horas teóricas), guía e dinamización de grupos practicantes de Nordic Walking (48 horas -24 teóricas e 24 prácticas-), planificación e desenvolvemento de rutas (48 horas -16 prácticas e 32 teóricas-), e seguridade, hixiene e primeiros auxilios (40 horas).

Os/as interesados/as en participar neste curso, que permitirá tamén instruír a grupos que presenten patoloxías crónicas (como poden ser a diabetes, fibromialxia, problemas coronarios, dor de costas e sobrepeso), deben inscribirse na Oficina de Emprego de Verín (Avenida de Castela,30) antes do venres 26 de outubro.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>