Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Programa Erasmus para novos emprendedores e PEMES
Programa Erasmus para novos emprendedores e PEMES PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 Novembro 2012 14:01

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación do Programa Erasmus para novos emprendedores e PEMES.

Co obxectivo de axudar a novos emprendedores a acadar habilidades para xestionar PEMES, a Unión Europea vén de lanzar o cuarto ciclo do programa europeo de intercambio de emprendedores e empresas -Erasmus for Young Entrepreneurs- que se desenvolve en Galicia coordinado por Uninova (USC) e que estará en vigor ata fin de 2013.

Ao amparo deste programa, os emprendedores galegos que teñan un plan de empresa, ou coa súa empresa xa constituída  e cun máximo de tres anos funcionando, terán a oportunidade de compartir unha estadía  de entre un e seis meses cun empresario experimentado doutro país da UE. Por outro lado, tamén se poden acoller ao programa empresas galegas con máis de tres anos de experiencia interesadas en acoller a un emprendedor doutro país.

O Igape colabora na difusión e no desenvolvemento das actividades deste programa, que constitúe unha oportunidade para os emprendedores de aprender de empresarios con máis experiencia que dirixan unha PEME noutro país da UE, facilitándolle o acceso e novos socios, aliados e mercados. Do mesmo xeito, tamén os empresarios participantes poderán abrir o seu mercado a outros países comunitarios.

Para máis información e inscrición, contactar con Uninova (Sociedade para a promoción de iniciativas empresariais innovadoras S.L.): http://www.uninova.org/es/lector.asp?id=68

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>