Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Presentación do proxecto 'Innova 1' en Verín
Presentación do proxecto 'Innova 1' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Novembro 2012 13:15

O vindeiro xoves 29 de novembro, ás 19.30 horas, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a presentación do proxecto 'Innova 1', un sistema ambiental destinado a reutilización de augas grises, e que conta coa colaboración do departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, Cámara de Comercio de Ourense -a través da Antena Local de Verín-, Rede de Técnicos de Emprego de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar.

Este sistema, deseñado e fabricado pola firma Bluetek Water Treatment -da que é responsable César Manuel Coelho Nunes, emprendedor e veciño de Verín-,  permite a reutilización da auga que pasa polo lavabo e sométea a un eficaz proceso de filtrado e desinfección, é dicir, recolle a auga que flúe polo desaugadoiro do lavabo do noso cuarto de baño, o limpa e o pasa a un tanque de almacenamento para a súa reutilización no inodoro (mediante un triplo proceso interno de reciclaxe).

'Innova 1', que xa foi cualificado como ILE (Iniciativa Local de Emprego) pola Consellería de Traballo e Benestar, está asentado nos conceptos de aforro e respecto polo ambiente, e a súa instalación é apta para todo tipo de establecementos.

Para máis información sobre o proxecto contactar con info@bluetekwater o Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (www.bluetekwater.com)

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>