Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Programa Emprendetur Xóvenes Emprendedores
Programa Emprendetur Xóvenes Emprendedores PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Novembro 2012 13:58

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur Xóvenes Emprendedores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo e se efectúa a convocatoria correspondente ao ano 2012.

A presente orde ten por obxecto establecer as bases, o réxime de axudas e a xestión de medidas de apoio do programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores. O ámbito material desta orde circunscríbese ás liñas instrumentais incluídas dentro da medida 26 “Liña de Crédito para Mozos Emprendedores en Turismo” e medida 27 “Programa de Emprendedores Innovadores Turísticos” do Plan Nacional e Integral de Turismo 2012-2015, aprobado por Acordo de Consello de Ministros do 22 de xuño de 2012 (e articúlase en torno ao programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores dentro do Plan Nacional e Integral do Turismo.

As actuacións relacionadas nesta orde teñen como finalidade contribuír á consecución dos obxectivos do Plan Nacional e Integral de Turismo 2012-2015. Neste sentido, constitúen obxectivos prioritarios:
a) Facilitar o desenvolvemento de modelos de negocio innovadores que melloren a competitividade e rendibilidade do sector turístico español.
b) Fomentar a incorporación ao tecido turístico empresarial de mozos emprendedores innovadores.
c) Apoiar a posta en marcha dos proxectos innovadores desenvolvidos por mozos emprendedores.

Poderán ser solicitantes e beneficiarios destas axudas os seguintes:
- As persoas físicas, residentes en España, que teñan menos de corenta anos no momento de presentación da solicitude e persoas xurídicas validamente constituídas en España, nas cales a media de idade dos socios sexa igual ou inferior a corenta anos no momento da presentación da solicitude, e sexan PEME con forma societaria, constituída, como máximo, nos vinte e catro meses anteriores á solicitude.
- Dentro do concepto empresa diferéncianse as pequenas e medianas empresas que, á súa vez, se definen e dividen segundo se indica a continuación:
a) Na categoría PEME defínese a unha “mediana empresa” como unha empresa que ocupa a menos de 250 persoas, e cuxo volume de negocio anual non excede de 50 millóns de euros, ou o seu balance xeral anual non excede de 43 millóns de euros.
b) Na categoría PEME defínese a unha “pequena empresa” como unha empresa que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.
c) Na categoría PEME defínese a unha “microempresa” como unha empresa que ocupa a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.
- Os solicitantes destas axudas deberán acreditar, como condición de solvencia económica no momento de presentación da súa solicitude que a suma dos seus bens e dereitos, incluíndo créditos fronte a terceiros é superior á suma das súas débedas incrementada nun 50 por cento.

As axudas previstas para apoio ao programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores destinaranse a cubrir os gastos que estean directamente relacionados co desenvolvemento do proxecto ou actuación para o que se concedesen. As devanditas axudas poderán aplicarse aos seguintes conceptos:
a) Aluguer ou leasing.
b) Outros gastos de funcionamento, incluídos custos de material, subministracións e produtos similares que se deriven directamente da actividade do proxecto.
c) Gastos de persoal: Persoal Titulado Universitario e Superior non Universitario.
d) Outro persoal.
e) Asesoría/Colaboracións externas.
f) Establécese a compensación dos gastos xerais e a súa imputación ao proxecto nun tanto alzado máximo do 10% dos custos totais de persoal do proxecto, sen necesidade de xustificación.

As solicitudes de axudas para o programa Emprendetur Xóvenes Emprendedores dirixiranse ao órgano instrutor e presentaranse no Rexistro electrónico do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, de acordo coa Orde IET/1902/2012, do 6 de setembro, polo que se crea e regula o devandito rexistro.

O prazo para a presentación de solicitudes, que será fixado por cada convocatoria, será como máximo de dous meses dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado cando se trate dun prazo único (20 de xaneiro de 2013). As convocatorias poderán realizarse tamén en modalidade aberta nos termos previstos no artigo 59 do Regulamento da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, aprobado por Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo. Neste último suposto, a convocatoria especificará o calendario dos prazos de presentación de solicitudes aos que se corresponderán varios procedementos de avaliación e concesión. Cando á finalización dun dos prazos dunha convocatoria aberta se concedan os préstamos correspondentes e non se esgote o importe máximo a outorgar, o importe restante será automaticamente trasladado e agregado ao importe dispoñible para o seguinte período da mesma convocatoria.
A solicitude de axudas do programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores constará da solicitude, o cuestionario, a memoria técnica e a restante documentación, que se presentarán, na forma seguinte:
a) A solicitude e o cuestionario seguirán o modelo que figura, a título informativo, no anexo II desta orde. O devandito modelo estará dispoñible para a súa cumprimentación e presentación na dirección de Internet do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (https://sede.minetur.gob.es/).
b) A memoria técnica cuxo índice se detalla no anexo IV.
c) Declaración de axudas públicas solicitadas e recibidas para o mesmo proxecto.
d) Declaración de vinculación con terceiros, para os efectos de comprobar o cumprimento do disposto no apartado sétimo desta orde.

O formato do ficheiro electrónico que conteña información adicional do proxecto debe corresponder a algún dos seguintes: “pdf”, “rtf”, “txt”, “doc” ou “wpd” e en ningún caso superará 5 Mbytes de información.

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>