Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Programa Emprendetur I+D+I
Programa Emprendetur I+D+I PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Novembro 2012 14:00

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da Orde IET/2481/2012, do 15 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur I+D+I composto polas liñas Emprendetur I+D e Emprendetur Desenvolvemento de produtos innovadores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo e se efectúa a convocatoria correspondente ao ano 2012.


A presente orde ten por obxecto establecer as bases, o réxime de axudas e a xestión de medidas de apoio do programa Emprendetur I+D+I. O ámbito material desta orde circunscríbese ás liñas instrumentais incluídas dentro das medidas 4 “Lanzamento do programa “Fidelización España”, 8 “Apoio á reconversión de destinos maduros”, 11 “Destinos intelixentes: Innovación na xestión de destinos”, 12 “Redes de axencias de xestión de experiencias”, 15 “Posta en valor do patrimonio cultural, natural e enogastronómico”, e 16 “Fomento do turismo sostible co medio” do Plan Nacional e Integral de Turismo 2012-2015, aprobado por Acordo de Consello de Ministros do 22 de xuño de 2012. O ámbito material desta orde articúlase en torno ás seguintes áreas e programas do Plan Nacional e Integral do Turismo:
a) Emprendetur I+D.
b) Emprendetur Desarrollo de Produtos Innovadores.

As actuacións relacionadas nesta orde teñen como finalidade contribuír á consecución dos obxectivos do Plan Nacional e Integral de Turismo 2012-2015. Neste sentido, constitúen obxectivos prioritarios:
a) Apoiar a investigación e desenvolvemento aplicado a produtos do sector turístico.
b) Fortalecer os procesos de I+D+i no sector turístico.
c) Impulsar o desenvolvemento de produtos turísticos innovadores que melloren a competitividade e rendibilidade do sector turístico español.
d) Facilitar ás empresas o acceso a desenvolvementos innovadores para a mellora dos seus produtos turísticos co fin da internacionalización destes.

Poderán ser solicitantes e beneficiarios destas axudas os seguintes:
- As persoas físicas residentes en España e as empresas legalmente constituídas en España. Entenderase por empresa calquera entidade que, independentemente da súa forma xurídica e da orixe do seu financiamento, teñen unha actividade económica, é dicir, pon bens ou presta servizos nun mercado determinado (para os efectos da presente orde, exclúense do seu ámbito subxectivo e non se poderán considerar beneficiarios as sociedades mercantís públicas, os entes públicos empresariais e calquera outra empresa constituída ou rexida de acordo co dereito público).

- Dentro do concepto empresa diferéncianse as pequenas e medianas empresas que, á súa vez, se definen e dividen segundo se indica a continuación:
a) Na categoría PEME defínese a unha “mediana empresa” como unha empresa que ocupa a menos de 250 persoas, e cuxo volume de negocio anual non excede de 50 millóns de euros, ou o seu balance xeral anual non excede de 43 millóns de euros.
b) Na categoría PEME defínese a unha “pequena empresa” como unha empresa que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.
c) Na categoría PEME defínese a unha “microempresa” como unha empresa que ocupa a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

- Os solicitantes destas axudas deberán acreditar, como condición de solvencia económica no momento de presentación da súa solicitude que a suma dos seus bens e dereitos, incluíndo créditos fronte a terceiros é superior á suma das súas débedas incrementada nun 50%.

As axudas previstas para apoio ao programa Emprendetur I+D+i destinaranse a cubrir os gastos que estean directamente relacionados co desenvolvemento do proxecto ou actuación para o que se concedesen. As devanditas axudas poderán aplicarse aos seguintes conceptos:
a) Gastos de persoal.
b) Custos de instrumental e material inventariable, na medida e durante o período en que se utilice para o proxecto.
c) Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas a prezos de mercado.
d) Establécese a compensación dos gastos xerais e a súa imputación ao proxecto nun tanto alzado máximo do 10% dos custos totais de persoal do proxecto, sen necesidade de xustificación.
e) Outros gastos de funcionamento, incluídos custos de material, subministracións e produtos similares que se deriven directamente da actividade do proxecto.


As solicitudes de axudas para o programa Emprendetur I+D+i dirixiranse ao órgano instrutor e presentaranse no Rexistro electrónico do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, de acordo coa Orde IET/1902/2012, do 6 de setembro, polo que se crea e regula o devandito rexistro.

As solicitudes deberán especificar claramente a liña á que optan, entendéndose que a solicitude nunha liña exclúe a da outra. En caso de que non se exprese na petición, solicitarase ao interesado a súa manifestación no improrrogable prazo de 5 días. A súa falta de definición neste tempo dará lugar a que se desestime sen máis a solicitude.

O prazo para a presentación de solicitudes, que será fixado por cada convocatoria, será como máximo de dous meses dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado cando se trate dun prazo único (20 de xaneiro de 2013). As convocatorias poderán realizarse tamén en modalidade aberta nos termos previstos no artigo 59 do Regulamento da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, aprobado por Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo. Neste último suposto, a convocatoria especificará o calendario dos prazos de presentación de solicitudes aos que se corresponderán varios procedementos de avaliación e concesión, cando á finalización dun dos prazos dunha convocatoria aberta concedésense os préstamos correspondentes e non se esgotase o importe máximo a outorgar, o importe restante será automaticamente trasladado e agregado ao importe dispoñible para o seguinte período da mesma convocatoria.

A solicitude de axudas do programa Emprendetur I+D+i constará de tres elementos: solicitude, cuestionario e memoria.
a) A solicitude e o cuestionario seguirán o modelo que figura, a título informativo, no anexo II desta orde. O devandito modelo estará dispoñible para a súa cumprimentación e presentación na sede electrónica do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (https://sede.minetur.gob.es).
b) A memoria estará integrada por cinco elementos:
- Memoria técnica.
- Memoria económica relativa ao custo e modo en que se vai financiar.
- Información relativa, se é o caso, aos colaboradores externos que participarán na execución do proxecto.
- Declaración de axudas públicas solicitadas e recibidas para o mesmo proxecto.
- Declaración de vinculación con terceiros, para os efectos de comprobar o cumprimento do disposto no apartado sétimo desta orde.
- Presentación das contas anuais dos dous últimos exercicios (presentadas no Rexistro Mercantil).

As instrucións para elaborar as memorias técnica e económica a que se refire o parágrafo b) anterior recóllense no anexo IV desta orde. O formato do ficheiro electrónico que conteña información adicional do proxecto debe corresponder a algún dos seguintes: “pdf”, “doc” ou “docx” e en ningún caso superará 5 Mbytes de información.

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.


 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>