Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas aos proxectos de investimento empresarial
Axudas aos proxectos de investimento empresarial PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Decembro 2012 11:59

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da Resolución do 3 de decembro de 2012 pola que se convocan para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, conforme as bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 155, do 13 de agosto) e modificadas mediante as resolucións do 6 de xuño de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 15 de xuño) e do 13 de xaneiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 26 de xaneiro).

A presente orde ten por obxecto convocar para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, segundo as bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 155, do 13 de agosto) e modificadas mediante as resolucións do 6 de xuño de 2011 (DOG nº 114, do 15 de xuño) e do 13 de xaneiro de 2012 (DOG nº 18, do 26 de xaneiro).

Estas axudas estarán cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 ao 80 %, eixe 2, tema prioritario 08, actuación 2.

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, polos importes e coa seguinte distribución plurianual, podendo ser aplicados tamén para resolver expedientes pendentes de resolución por falta de crédito da convocatoria precedente:

Partida orzamentaria

 

Partida orzamentaria

2012

2013

2014

08.A1-741A -7701

1.000.000,00 €

20.000.000,00 €

25.400.000,00 €

 
O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar a partida orzamentaria, coa declaración previa de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases reguladoras destas axudas aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e publicadas mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 no DOG nº 155, do 13 de agosto, e nas súas modificacións, acordadas polo dito Consello de Dirección o 28 de setembro de 2010, publicada mediante Resolución do 6 de xuño de 2011 no DOG nº 114, do 15 de xuño, e do 28 de xullo de 2011, publicada mediante Resolución do 13 de xaneiro de 2012 no DOG nº 18, do 26 de xaneiro.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de decembro de 2012. No caso de esgotamento do crédito, o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web www.igape.es, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro).

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>