Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Financiamento da acción “O teu primeiro traballo EURES”
Financiamento da acción “O teu primeiro traballo EURES” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 18 Decembro 2012 13:25

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación do Real Decreto 1674/2012, de 14 de decembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvención públicas destinadas á financiamento da acción “O teu primeiro traballo EURES”.

“O teu primeiro traballo EURES” é unha acción proposta pola Comisión Europea e avalada polo Parlamento Europeo e o Consello, que xorde para promover e apoiar a mobilidade laboral dos/as mozos/as en toda Europa. Esta acción ten como finalidade proporcionar apoio para o financiamento a mozos/as que desexan traballar noutro Estado membro da Unión Europa, así como apoiar ás empresas, particularmente PEME, que contraten estes/as mozos/as traballadores/as europeos/as ofrecéndolles un programa de integración. Ademais “O teu primeiro traballo EURES” pretende impulsar a mobilidade laboral xuvenil dentro da Unión Europea reducindo os obstáculos para trasladarse e contratar noutro Estado membro e facilitar as transicións no mercado laboral. En definitiva, ten por obxecto contribuír á consecución do obxectivo de emprego de Europa 2020 consistente en que no ano 2020 o 75 por cento da poboación da Unión Europea entre 20-64 anos teña un emprego.

O presente real decreto ten por obxecto establecer axudas para apoiar a mobilidade laboral dos/as mozos/as a través de procesos de selección de ofertas de emprego xestionadas pola Rede de Servizos Públicos de Emprego Europeos (Rede EURES). As devanditas axudas van dirixidas a mozos/as traballadores/as e a pequenas e medianas empresas para facilitar a súa inserción laboral en países da Unión Europea cando a contratación supoña un cambio de país de residencia. A xestión destas axudas corresponde ao Servizo Público de Emprego Estatal, segundo co disposto no artigo 13.h).1 da Lei 56/2003, do 16 de decembro, de Emprego, sen prexuízo das tarefas de intermediación laboral que realicen os conselleiros EURES dos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas segundo o disposto nos Reais Decretos de traspaso da xestión realizada polo Servizo Público de Emprego Estatal no ámbito do traballo, o emprego e a formación.

Con respecto ás subvencións a mozos/as traballadores/as para asistir a entrevistas de procesos de selección e/ou incorporarse a un posto de traballo noutro país da Unión Europea, as mesmas teñen como finalidade facilitar o traslado de mozos/as traballadores/as, para asistir a entrevistas de procesos de selección ou incorporarse a un posto de traballo, calquera que sexa o seu nivel de cualificación ou contexto económico e social.Para acollerse a estas axudas os mozos/as traballadores/as deberán reunir os seguintes requisitos
a) Ter entre 18 e 30 anos de idade, ambos os dous inclusive.
b) Estar inscrito como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes.
c) Ter sido seleccionados nun proceso realizado pola Rede EURES-España.
d) Ser nacionais de calquera dos países da Unión Europea ou residentes de xeito legal en calquera país da Unión Europea.
e) Que o posto de traballo para o cal se realiza a entrevista ou ao que se vai incorporar se localice nun país da Unión Europea distinto ao de residencia. Consideraranse os postos de traballo localizados fóra de España para traballadores residentes en España e os postos de traballo localizados en España para traballadores non residentes en España.

Non serán obxecto de subvención as seguintes actividades:
a) Realización de prácticas ou outras alternativas de adquisición de experiencia laboral que non impliquen unha contratación laboral.
b) Traballadores que son enviados temporalmente polas súas empresas para realizar o seu traballo noutro país membro da Unión Europea, sen ser contratados especificamente para iso con carácter previo á solicitude da axuda.
c) Empregos transfronteirizos que non impliquen un cambio de residencia ao país de destino onde se sitúe o posto de traballo. Nestes supostos a subvención quedará limitada, se é o caso, á axuda para unha entrevista de traballo.

A solicitude da axuda económica de mozos/as traballadores/as para asistir a entrevistas de procesos de selección e/ou incorporarse a un posto de traballo noutro país da Unión Europea, poderán realizala os/as mozos/as traballadores/As que fosen seleccionados a través dun proceso levado a cabo pola Rede EURES España mediante o cal van ser candidatos a unha oferta de emprego noutro país europeo. O/A mozo/a traballador/a poderá solicitar a axuda “O teu primeiro traballo EURES” unha vez que a empresa confirme ao conselleiro EURES o seu interese en realizar unha entrevista e/ou contratar o/a mozo/a que está inmerso nun proceso de selección para unha oferta de traballo de duración superior a seis meses. Para a tramitación electrónica a solicitude deberase cumprir mediante o formulario que figura no anexo 4, accesible por internet a través da sede electrónica do Servizo Público de Emprego Estatal, na dirección https://sede.sepe.gob.es Unha vez cumplimentada, enviarase polo procedemento telemático establecido na mencionada sede electrónica dentro do prazo previsto. O conselleiro EURES correspondente á xestión da oferta confirmará no devandito formulario que o solicitante foi seleccionado pola empresa para unha entrevista ou unha contratación. Así mesmo, poderá presentarse na forma establecida no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A solicitude dirixirase á Dirección General del Servicio Público de Empleo Estatal, calle Condesa de Venadito, número 9, 28027 Madrid

Con respecto ás subvencións a pequenas e medianas empresas para facilitar o acceso e a integración de mozos/as traballadores/as en países europeos distintos ao da súa residencia habitual, teñen como finalidade dar apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas como contribución aos custos de aplicación de programas de integración para mozos/as traballadores/as. Para acollerse a estas axudas as empresas beneficiarias deben cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser unha empresa legalmente constituída nalgún dos Estados membros da Unión Europea.
b) Ser pequena ou mediana empresa, considerándose a estes efectos, de conformidade coa Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, aquela cun equipo de ata 250 traballadores/as.
c) Contratar a un ou varios/as traballadores/as novos/as, de entre 18 e 30 anos de idade ambos os dous, inclusive inscritos como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes, para ocupar postos de traballo nun estado membro da Unión Europea diferente ao da súa residencia habitual por un período mínimo de seis meses.
d) Xestionar o proceso de selección de persoal a través da Rede EURES España.
e) Organizar un programa de integración para aqueles traballadores novos que fosen seleccionados nun proceso realizado pola Rede EURES, este programa de integración reverte na formación dos/as mozos/as.
f) Garantir que os/as traballadores/as novos/as que se beneficien do devandito programa de integración, procedan dun estado membro diferente a aquel en que se sitúa o posto de traballo cuberto e cumpran individualmente os requisitos establecidos no presente real decreto.
g) Cumprir as obrigas que establecen os artigos 13 e 14 da Lei 38/2003, do 17 de Novembro.
h) A contratación dos traballadores cuxos plans de integración son obxecto de financiamento por “O teu primeiro traballo EURES” debe ter sempre carácter laboral conforme á lexislación do país onde se vaia desempeñar o posto de traballo.
i) Quedan excluídas de calquera axuda as actividades indicadas no artigo 4.3.

O programa de integración consta dun paquete de formación preparatoria e doutras actividades de apoio que ofrece o/a empregadora ao/á novo/a traballador/a para facilitar a súa integración na empresa e reducir os obstáculos á mobilidade laboral. Os compoñentes de formación deste programa de integración terán por obxecto mellorar as habilidades, competencias e a adaptabilidade dos/as traballadores/as novos/as a un ámbito de traballo no estranxeiro. Os componentes do programa de integración son:
a) Formación externa ou interna, ou de titorías no posto de traballo a beneficio do traballador cos seguintes obxectivos: adquirir destrezas e competencias específicas, familiarizarse cos obxectivos e valores da empresa, sensibilizarse respecto aos procedementos empresariais ou de xestión necesarios para realizar as actividades do posto de traballo, familiarizarse co ámbito de actividade e a estrutura da empresa (por exemplo, visitas a filiais da empresa e contactos cos clientes, entre outros), garantir o apoio mediante a provisión de titorías (por exemplo, a cargo dun traballador con máis experiencia) e dar resposta a calquera outra necesidade en materia de formación.
b) Cursos de idiomas dirixidos a mellorar o dominio escrito e falado do idioma do país de acollida e/ou outra lingua que esixa o posto de traballo.
c) Os compoñentes da aprendizaxe do programa de integración poden completarse con apoio administrativo e axuda á incorporación laboral para proporcionar asistencia ao traballador co fin de facilitar a súa integración no novo país: traslado, axuda para encontrar unha vivenda axeitada, rexistro de residencia, permiso de traballo, recoñecemento das calificacións, escolarización dos fillos e outros. Naqueles supostos en que se trate de traballadores/as con minusvalidez, tamén poderán completarse coa asistencia e información ao/á traballador/a en canto ás axudas e medios de apoio aos que, por razón da súa minusvalidez, pode acceder no país no que vai desenvolver a súa actividade laboral.

A empresa interesada en realizar un Programa de Integración para un ou varios/as traballadores/as mozos/as seleccionados a través da Rede EURES España, deberá presentar unha comunicación do programa a desenvolver segundo o formulario que figura no anexo 7, no que a empresa solicitante deberá xustificar a necesidade das medidas incluídas no Programa e especificar os datos da empresa, as características do programa, a duración deste, o número de traballadores contratados, a data e a firma do representante legal da empresa. O conselleiro EURES correspondente á xestión da oferta confirma no devandito formulario que o Programa de Integración presentado é acorde ás necesidades dos/as mozos/as traballadores/as.

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>