Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Programa de acción comunitario 'A Xuventude en Acción'
Programa de acción comunitario 'A Xuventude en Acción' PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 09 Xaneiro 2013 12:08

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de concesión de axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no marco do programa de acción comunitario "A Xuventude en Acción".

O Instituto da Xuventude, con cargo ás aplicacións orzamentarias 28.201.232A.460 (1.434.616,05 euros), 28.201.232A.483 (8.129.469,95 euros), convoca, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de axudas de carácter plurianual correspondentes ao ano 2013, de acordo coa estimación de créditos para os anos 2013 e 2014 e conforme ao establecido nas bases reguladoras citadas para a concesión de axudas a proxectos no marco do Programa de acción comunitario 'A Xuventude en Acción'.

Este programa ten por obxecto desenvolver a cooperación no ámbito da xuventude na Unión Europea, cos seguintes obxectivos xerais:
a) Promover a cidadanía activa entre mozos, en especial a europea.
b) Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia.
c) Favorecer o entendemento mutuo entre mozos.
d) Contribuír a mellorar a calidade dos sistemas de apoio ás actividades de mozos e reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no ámbito da mocidade.
e) Favorecer a cooperación europea no ámbito da mocidade.

Terán a consideración de solicitantes, tanto as persoas físicas representantes dun grupo de mozos non asociados como as entidades ou organizacións que concorran á presente convocatoria sempre que reúnan os seguintes requisitos e tendo en conta as obrigas das persoas ou entidades beneficiarias a que se refire o artigo 14 da Lei Xeral de Subvencións.

As solicitudes deberán ser cumpridas e enviadas de forma electrónica de acordo cos modelos que figuran na dirección de Internet: http://www.juventudenaccion.injuve.es. Para completar a solicitude, será necesario imprimir e asinar unha copia en formato papel e dirixila á Dirección Xeral do Instituto da Xuventude ou aos correspondentes Organismos de Xuventude das Comunidades Autónomas e das Cidades con Estatuto de Autonomía, de acordo co establecido no artigo 2, apartado 3, punto 5 da Orde de bases antes citada. As devanditas solicitudes, así como o Anexo, que se citan nesta convocatoria poderán ser obtidas na dirección de Internet antes mencionada; na sede central do Instituto da Xuventude, cale José Ortega e Gasset, 71, 28006 Madrid; na sede dos organismos de xuventude das Comunidades Autónomas e das Cidades con Estatuto de Autonomía, e poderán ser presentadas nas sedes e direccións sinaladas e nos rexistros e oficinas a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992.

O prazo para entrega das solicitudes serán os seguintes:

Para proxectos que empezan entre

O prazo límite é

1 de maio e 31 de outubro de 2013

1 de febreiro de 2013

1 de agosto de 2013 e 31 de xaneiro de 2014

3 de maio de 2013

1 de xaneiro e 30 de xuño de 2014

3 de outubro de 2013

Para máis información deben dirixirse á Oficina de Información Xuvenil Transfronteiriza, situada na sede da Eurocidade (antiga aduana de Feces de Abaixo), no teléfono 988-416017 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>