Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Proxectos de biomasa térmica en edificios
Proxectos de biomasa térmica en edificios PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 Xaneiro 2013 14:00

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da Resolución do 12 de decembro de 2012, da Secretaría de Estado de Enerxía, pola que se publica a Resolución do 13 de novembro de 2012, do Consello de Administración do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, pola que se establece a convocatoria e bases reguladoras para a habilitación de empresas colaboradoras no programa para a execución de proxectos de biomasa térmica en edificios (BIOMCASA II).


O obxecto das presentes bases é establecer o procedemento para a habilitación de empresas que estean interesadas en colaborar no Programa para a execución de proxectos de biomasa térmica en edificios, programa BIOMCASA II, co que se pretende establecer un sistema de financiamento, en condicións de mercado, que impulse unha oferta de calidade e adaptada ás necesidades dos usuarios de auga quente sanitaria e climatización en edificios, utilizando biomasa como combustible. A descrición do Programa e o alcance da colaboración descríbense no anexo I.

As persoas que pretendan habilitarse no Programa deberán ser empresas, persoas físicas ou xurídicas, tanto de dereito privado coma de dereito público, que actúen no sector do aproveitamento enerxético da biomasa e que poidan actuar como empresas de servizos enerxéticos.

Para estes efectos, entenderase como empresa de servizos enerxéticos aquela empresa que, actuando no sector do aproveitamento enerxético da biomasa, dispoña de capacidade, estrutura organizativa e medios adecuados para levar a cabo os seguintes servizos:
1. º Deseño básico e de detalle de instalacións.
2. º Subministración, montaxe e posta en marcha de instalacións con capacidades chave en man.
3. º Operación e mantemento de instalacións.
4. º Subministración de combustible.
5. º Facturación de servizos conforme coa enerxía subministrada polas instalacións.

As empresas deberán de encontrarse legalmente constituídas e aceptar as condicións que se establecen nas presentes bases.
Deberá de existir relación directa, entre as actividades, fins ou funcións da empresa a habilitar, e o obxecto dos proxectos a realizar de conformidade co disposto no apartado décimo das presentes bases, todo iso, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais.

As empresas solicitantes deberán acreditar a súa solvencia técnica e dispoñer de medios abondo para levar a cabo as actividades correspondentes. O órgano Instrutor que se define no apartado oitavo, avaliará as solicitudes presentadas, conforme aos criterios establecidos no apartado sétimo, considerándose que non dispoñen de suficiente solvencia e medios para levar a cabo as actividades correspondentes obxecto das presentes bases aquelas empresas solicitantes que non superen unha puntuación mínima de 80 puntos.

As empresas habilitadas actualmente no programa BIOMCASA, establecido mediante Resolución de 13 de marzo de 2009 da Presidencia do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, pola que se establecen a convocatoria e bases correspondentes á habilitación de empresas colaboradoras no Programa de Acordos Voluntarios con empresas do sector da biomasa térmica en edificios (“BOE”. número 68, do 20 de marzo), poderán obter a súa habilitación no Programa BIOMCASA II, con data de efectos a de entrada en vigor das presentes bases, debendo renovarse cada dous anos. Para iso, será necesario encontrarse ao corrente de todas as obrigas e compromisos indicados nas citadas bases do programa BIOMCASA e a presentación por escrito da solicitude de incorporación ao Programa BIOMCASA II por parte da empresa habilitada, que deberá realizarse nun prazo de dous meses dende a publicación destas bases, así como o pagamento da tarifa correspondente, conforme ao disposto no anexo IV. No devandito escrito de solicitude incluirase unha declaración de coñecer e aceptar as condicións do Programa Biomcasa II.

Para a habilitación inicial e as renovacións posteriores, as empresas interesadas deberán aboar ao IDAE os gastos de xestión segundo as tarifas indicadas no anexo IV.

O expediente de habilitación de empresas no presente programa iniciarase a petición destas, mediante solicitude dirixida ao Director Xeral do IDAE, que será presentada nas dependencias do IDAE, sitas en Madrid (C.P. 28004), R/Madera número 8 (entrega de documentación por R/ San Roque n.º 7). As solicitudes efectuaranse conforme ao modelo que figura no Anexo II das presentes bases. O devandito modelo estará dispoñible na dirección de Internet do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (www.idae.es).

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>