Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Bolsas de estudos do Programa europeo Leonardo da Vinci
Bolsas de estudos do Programa europeo Leonardo da Vinci PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Febreiro 2013 12:13

A Xunta de Goberno da Deputación acordou aproba-las Bases reguladoras da primeira convocatoria do ano 2013 de concurso público para a concesión de bolsas internacionais da Deputación Provincial de Ourense no marco do Programa europeo Leonardo da Vinci.

O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión de 45 bolsas individuais de estancias e prácticas laborais en empresas europeas, que teñen como finalidade apoiar aos participantes en actividades de formación para a adquisición de coñecementos, competencias e cualificacións que completen o desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento de prácticas innovadoras e a súa transferencia entre os países participantes, fomentando o perfeccionamento de linguas estranxeiras.

O prazo improrrogable de presentación será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (é dicir ata o 22 de febreiro de 2013).

Pódense ver as Bases no BOP do día 07 de Febreiro de 2013


 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>