Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Programa ICEX-NEXT de apoio á internacionalización das PEMES
Programa ICEX-NEXT de apoio á internacionalización das PEMES PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Febreiro 2013 12:16

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación do Resolución de 24 de xaneiro de 2013, de ICEX España Exportación e Inversións, pola que se convoca para 2013 a concesión de axudas a través do Programa ICEX-NEXT de apoio á internacionalización da PEME española non exportadora ou exportadora ocasional.

O obxecto é acelerar e consolidar o crecemento internacional de PEMES españolas non exportadoras ou exportadoras ocasionais que conten cun proxecto competitivo. As axudas previstas no marco deste programa concederanse conforme ao previsto no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de mínimos, DOUE n.º L379 de 28/12/2006, páxinas 0005-0010. A axuda total de mínimis concedida a unha empresa no marco destes programas non poderá superar os 200.000 euros (100.000 euros no caso de empresas que operen no sector transporte por estrada) durante calquera período de tres exercicios fiscais, tendo en conta as outras axudas tamén percibidas durante este mesmo período, de conformidade co previsto no artigo 2, apartado 2, do Regulamento mencionado. Quedan excluídas do carácter de mínimis as axudas previstas no artigo 1, apartado 1, do devandito Regulamento. De igual forma, é de aplicación a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e o Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se desenvolve, en todo o relativo ás axudas monetarias sen contraprestación económica ao igual que a normativa interna de axudas de ICEX aprobada polo Consello de Administración do 12 de decembro de 2012.

As entidades beneficiarias son as empresas PEME españolas que reúnan os seguintes requisitos:
- Empresa con produto ou servizo propio.
- Empresas con potencial exportador e cuxa exportación non supere o 30% da súa facturación.
- Empresas que conten con persoal cualificado e comprometido coa implantación do proxecto de internacionalización da empresa.
-Empresas con capacidade financeira para a execución dun proxecto de exportación que permita posicionar á empresa no exterior.
A duración do Programa será de 24 meses dende a concesión da axuda. ICEX Next conta cun total de 60 horas de Asesoramento Personalizado ás empresas (30 horas obrigatorias +30 horas opcionais), prestado por expertos en distintos ámbitos da internacionalización e competitividade exterior:
- Asesoramento estratéxico e outros servizos de asesoramento de mellora da competitividade internacional para o inicio do proceso exportador.
- Asesoramento estratéxico e outros servizos de asesoramento que faciliten o desenvolvemento e consolidación da rede comercial en mercado destino.

A empresa poderá, en función das características do seu modelo de negocio no exterior e do grao de desenvolvemento da súa estratexia internacional, seleccionar aqueles expertos que lle sexan de maior utilidade. Así mesmo, apoia gastos de promoción para que as empresas poidan poñer en marcha a estratexia de internacionalización planificada. As empresas acollidas a este Programa poderán beneficiarse doutros apoios incluídos dentro dos Servizos Club Next.

O primeiro paso para participar no programa é realizar a preinscrición. As empresas interesadas poderán realizar a súa preinscrición no Programa a través da web de ICEX: www.icex.es, a través da web icexnext: www.icexnext.es ou ben a través do teléfono 902 192 000. A preinscrición ao Programa mantense aberta ata o 31 de decembro de 2013. As empresas, unha vez preinscritas, e por requirimento de ICEX terán que presentar o formulario de inscrición de empresas (anexo I). Este formulario complementarase coa valoración dun consultor externo, homologado polo programa que realizará unha análise do modelo de negocio e potencial internacional da empresa.

Unha vez realizada a valoración do consultor externo, elixirase as empresas admitidas ao Programa, que haberán de cumprir a Carta de Adhesión ao Programa (anexo II), en virtude dos seguintes criterios de selección:
- Calidade, solidez e viabilidade do modelo de negocio da empresa e sostibilidade futura do proxecto de exportación.
- Factores de competitividade diferenciais, de base tecnolóxica, intensivas en deseño, innovadoras e/ou forte capacidade de crecemento internacional.
- Calquera outro que axude a xustificar o outorgamento da axuda.

As empresas que sexan admitidas no Programa, terán que presentar a seguinte documentación:
- Carta de Adhesión ao Programa (anexo II), que inclúe Declaración responsable das axudas mínimis e Declaración sobre o cumprimento da condición de ser ou non PEME por parte da empresa solicitante segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, sobre a definición de pequenas e medianas empresas.
- Certificación de non recibir axudas económicas coincidentes co apoio recibido por conceptos de gasto realizados con cargo ao Programa (incluído en anexo IV).

- Declaración de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e en materia laboral e da Seguridade Social:
1. Poderá optar por autorizar a ICEX a realizar a consulta á Axencia Tributaria e á Tesouraría da Seguridade Social. Esta autorización deberá realizarse cumprindo o anexo III, selado e remitido xunto co resto da documentación xustificativa.
2. No caso de non autorizar o ICEX, deberá presentar certificado de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, no momento da xustificación da axuda.

- ICEX está especialmente interesado en que a empresa solicitante autorice á Axencia Estatal da Administración Tributaria (sempre que non o tivese feito previamente), a que remita a ICEX información sobre o seu comercio exterior, co que sistematicamente dispoñeremos dunha información actualizada que nos permitirá coñecer mellor as súas realizacións de comercio exterior e asegurar ter permanentemente actualizadas as nosas bases de datos. A autorización sinalada hase de cursar unha soa vez, e para iso deberá acceder a http://www.icex.es/icex-aeat/web/index.html e obter así máis información e a forma de proceder para cursar a súa autorización.

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>