Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Modificación de horarios comerciais de Galicia
Modificación de horarios comerciais de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Febreiro 2013 11:33

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da Lei 1/2013, do 13 de febreiro, pola que se modifica a Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia.

A Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, queda modificada como segue:
Un. O punto 2 do artigo 4 queda redactado do seguinte modo:
“2. O horario global no que os establecementos comerciais poderán desenvolver a súa actividade durante o conxunto de días laborables da semana será como máximo de noventa horas”.
Dous. O punto 1 do artigo 5 queda redactado do seguinte modo:
“1. Os domingos e días festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público serán, como máximo, de dez ao ano”.
Tres. Suprímese o punto 3 do artigo 5.
Catro. A letra h) do punto 1 do artigo 8 queda redactada do seguinte modo:
“h) Os establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda ao público de ata 300 metros cadrados, excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a lexislación vixente”.
Cinco. O punto 1 do artigo 15 queda redactado do seguinte modo:
“1. As infraccións tipificadas por esta lei, logo da instrución do correspondente expediente administrativo, serán sancionadas:
a) As infraccións leves, con apercibimento ou multa de ata 1.500 euros.
b) As infraccións graves, cunha multa de entre 1.501 euros e 50.000 euros.
c) As infraccións moi graves, cunha multa de entre 50.001 euros e 1.000.000 de euros”.
Disposición transitoria única. Réxime sancionador
O novo réxime sancionador en materia de horarios comerciais será aplicable ás infraccións cometidas con anterioridade á entrada en vigor desta lei, sempre que a súa aplicación resulte máis favorable para o suxeito infractor e a sanción imposta non adquirise firmeza.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>