Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Probas para a obtención de carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013
Probas para a obtención de carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Febreiro 2013 11:36

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 26 de decembro de 2012 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013.

O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2013 nas seguintes especialidades:
- Operador/ora industrial de caldeiras.
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
- Instalador/ora de gas, categoría A.
- Instalador/ora de gas, categoría B.
- Instalador/ora de gas, categoría C.
- Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
- Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
- Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
-Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
- Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
- Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
- Manipulador/ora de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren en idade legal laboral ou teren cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
b) Requisitos específicos que, para cada especialidade, se establezan na normativa vixente.

As persoas aspirantes deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante instancia, segundo o modelo que figura no anexo I. No caso de teren interese na obtención de máis dun carné ou habilitación profesional presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto coa correspondente documentación xustificativa.

O modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

De acordo co establecido no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e logo aprobada por Orde do 15 de setembro de 2011 a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia, as persoas interesadas poderán presentar electronicamente as solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo electrónico https://sede.xunta.es. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda á información persoal contida nos correspondentes documentos e a trate. As mencionadas imaxes electrónicas carecerán de carácter de copia auténtica.

Neste caso, as persoas solicitantes deberán anexar, ademais, unha declaración responsable de que os documentos escaneados son orixinais e auténticos, sen prexuízo de que se lles poida requirir a exhibición do documento orixinal en calquera momento da tramitación do procedemento, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Así mesmo, as persoas interesadas poderán presentar as solicitudes de xeito presencial por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Preferentemente presentaranse nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou na oficina de Rexistro Xeral no complexo administrativo de San Caetano.

Xunto coa solicitude cumprirá presentar a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI (só no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade).
b) Copia compulsada do título ou certificación oficial da titulación requirida na cal conste ter efectuado o depósito do título.
c) Cando así o estableza a normativa que regula a especialidade, certificado de superación do curso teórico-práctico impartido por unha entidade recoñecida pola Consellería de Economía e Industria. No caso de estar a cursalo, certificado desta situación. Neste caso, cumprirá presentar a certificación de superación o día do exame teórico.
d) Xustificante de aboamento das taxas de exame.
e) No caso de acreditación da experiencia laboral:
- Informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
- Certificación das empresas nas que se exercera a actividade, segundo o modelo que figura no anexo II.
f) Certificado médico, cando así se exixa e nos termos que se estableza no Real decreto 560/2010, do 7 de maio, polo que se modifican diversas normas regulamentarias en materia de seguridade industrial.

Xunto coa solicitude deberase presentar xustificante para a Administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas en concepto de dereitos de exame (importe de 38,37 euros), validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso. O modelo de impreso, así como os datos e os códigos que se deben indicar, son os seguintes:
- Modelo A.
- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Código 07.
- Delegación de Servizos Centrais. Código 13.
- Servizo de Xestión da Formación Profesional. Código 03.
- Taxa: denominación: capacitación profesional para o exercicio de actividades en materia de industria. Código 320701.

A non presentación dentro de prazo deste xustificante, no que debe figurar o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión da persoa aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes é o seguinte:
- Convocatoria ordinaria: o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 25 de febreiro ao día 8 de marzo de 2013, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria extraordinaria: o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 12 de xullo de 2013, ambos os dous incluídos.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes publicarase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, coas causas de exclusión, nos taboleiros de anuncios das xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. As persoas excluídas, así como as que non figuren nin nas relacións de admitidas nin nas de excluídas, disporán de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación, para a emenda de defectos. Logo de transcorrido o prazo de reclamacións e revisadas estas, publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas coas datas, a hora, os lugares de realización dos exames e as causas de exclusión daquelas persoas que non resultasen seleccionadas. Esta listaxe publicarase nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>