Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Bolsas de posgrao no estranxeiro
Bolsas de posgrao no estranxeiro PDF Imprimir Correo-e
Luns, 25 Febreiro 2013 13:20

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación do anuncio do 30 de xaneiro do 2013 polo que se convocan 45 bolsas no estranxeiro para o ano 2013, da Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa.

A Fundación Barrié é unha entidade sen ánimo de lucro, de carácter privado, dedicada a promover o desenvolvemento de Galicia desde unha perspectiva global. Creada en 1966 dedicou a súa atención prioritaria á educación. Neste marco a Fundación convoca a vixésimo cuarta edición do programa de bolsas de posgrao no estranxeiro co obxectivo de apoiar os titulados universitarios vinculados a Galicia que teñan un proxecto académico, investigador ou profesional claro e de interese para a comunidade, para facelo realidade a través de programas de formación de posgrao ou estadías de investigación nos mellores centros educativos e investigadores do mundo.

Búscanse licenciados/graduados/enxeñeiros/máster/doutores con excelente traxectoria académica, investigadora e/ou profesional, dominio da lingua de traballo no centro de destino, vinculación con Galicia e un proxecto con potencial de retorno. A convocatoria está aberta a todas as áreas de coñecemento, aínda que se dará prioridade aos proxectos de maior impacto potencial para España e particularmente, para Galicia.
A Fundación Barrié convoca 45 bolsas coas seguintes características:
- 30 bolsas predoutorais para a mobilidade internacional, con dúas modalidades:
Modalidade A: ata 25 bolsas para facilitar a mobilidade internacional de doutorandos con vinculación contractual ou bolsa, destinadas a realizar estadías de investigación en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 6 meses.
Modalidade B: ata 5 bolsas para facilitar a mobilidade internacional de doutorandos sen vinculación contractual ou bolsa, destinadas a realizar estadías de investigación en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 6 meses.
- 5 bolsas posdoutorais para a mobilidade internacional co fin de facilitar estadías de investigación de doutores en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 24 meses.
-10 bolsas para a realización de estudos de máster no estranxeiro nos mellores centros académicos e investigadores do mundo por un período máximo de 24 meses.

A dotación da bolsa inclúe:
- Asignación mensual, gastos de matrícula coas condicións establecidas nas bases, transporte e seguro.
- Xestión do proceso de solicitude e asesoramento integral durante a bolsa.
- A rede de coñecemento e apoio da súa Asociación de Bolseiros, con máis de 800 asociados [www.becariosbarrie.org], [www.bolseirosbarrie.org].

Os requisitos dos/as candidatos/as son:
- Nacionalidade española.
- Vinculación con Galicia.
- Bo expediente académico.
- Alta motivación para completar un proxecto claro e de impacto social.
- Dominio da lingua de traballo do país de destino.
- Ter unha titulación universitaria.

Os/As candidatos/as que obteñan unha bolsa deben comezar o programa de estudos antes do 31 de decembro de 2014. O bolseiro empezará a recibir a asignación mensual cando inicie o programa de estudos para o que se concedese a bolsa.O período total de desfrute da bolsa non será inferior a 3 meses nin superior a 24 para todos os supostos, agás para as estadías predoutorais (modalidade A e B), para as cales o período máximo será de 6 meses.
Documentación:
1. Formulario de solicitude.
A solicitude deberá cubrirse directamente a través da páxina web da Fundación Barrié [www.fundacionbarrie.org].
A plataforma en liña para a tramitación de solicitudes pecharase o 31 marzo de 2013 ás 23 horas.

Proceso de selección:
1. Probas de selección.
Examinadas todas as solicitudes presentadas, serán convocados os preseleccionados a unha entrevista persoal co Comité de Selección na cal, ademais de analizar a súa traxectoria académica, profesional ou investigadora, se valorarán o alcance e coherencia do proxecto formulado. A entrevista, de carácter presencial, será imprescindible para optar á bolsa e non poderá ser substituída por ningunha outra proba.
Os/As candidatos/as preseleccionados para entrevistas serán informados a través de correo electrónico o día 21 de maio de 2013 a partir das 14.00 horas.
As entrevistas realizaranse na sede da Coruña da Fundación nas datas seguintes:
- Candidatos/as para estadías predoutorais (modalidade A e B) o día 7 de xuño de 2013.
- Candidatos/as para estadías posdoutorais e estudos de máster o día 14 de xuño de 2013.
2. Nomeamento de candidatos/as.
A Fundación dará a coñecer a partir das 14.00 horas do venres 21 de xuño de 2013, a través da súa páxina web [www.fundacionbarrie.org], a relación de candidatos/as seleccionados para bolsa.
Máis información.
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Bases completas e formularios de solicitude en: www.fundacionbarrie.org

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>