Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas complementarias no marco do programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza
Axudas complementarias no marco do programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Febreiro 2013 11:35

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 15 de febreiro de 2013 pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, para estudantes universitarios que participan nesta acción no curso 2012/13.


Esta orde ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos estudantes das universidades do Sistema universitario de Galicia e dos centros asociados da UNED en Galicia que participan no citado programa de mobilidade universitaria durante o curso 2012/13 (as actividades que se subvencionan nesta convocatoria serán realizadas durante o curso académico 2012/13).

Os requisitos dos/das solicitantes son:
a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español.
b) Estar matriculado no curso 2012/13 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED nesta comunidade autónoma para realizar estudos universitarios oficiais conducentes aos títulos universitarios de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico.
c) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda achegada pola Unión Europea no marco do Programa de aprendizaxe permanente para participar na acción de mobilidade para estudos dentro do programa Erasmus ou do Goberno de Suíza.
d) Que a duración mínima da estadía, para efectos de concesión de bolsa, sexa de tres meses e a máxima de nove meses.
e) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, o 26 de marzo de 2013 (se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes).

O formulario de solicitude, correspondente co modelo normalizado ED417A que se publica como anexo I a esta orde, e a declaración responsable necesaria, que se publica como anexo II, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es

Para a presentación na sede electrónica dos devanditos formularios admitiranse o DNI electrónico ou calquera outro sistema de sinatura electrónica da persoa solicitante ou representante legal, aceptado pola sede (en caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación, poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ).

Nestes formularios normalizados cubriranse todos os campos sen emendar, variar ou riscar o seu formato orixinal. En caso contrario, as solicitudes non serán admitidas a trámite. Unha vez cubertos e confirmados os formularios na forma indicada nos parágrafos anteriores, deberán presentarse en formato electrónico, na sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante sinatura electrónica do solicitante ou do representante legal que solicite a axuda.

Non se terán en conta aquelas solicitudes cubertas por vía telemática que non completen o proceso de presentación establecido. Será necesario obter o xustificante da solicitude que deberá ser conservado polo solicitante para acreditar, no caso de que resulte necesario, a presentación da súa solicitude no prazo e forma establecidos.

Ademais do procedemento previsto anteriormente, admítese igualmente a presentación da solicitude (anexo I) e da declaración de conxunto (anexo II) unha vez cubertos os formularios en formato PDF dispoñibles na sede, que deberán presentar asinados no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, dirixidos á Secretaría Xeral de Universidades (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, BOE do 14 de xaneiro, para a presentación de instancias.

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000. .

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>