Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Convocatoria de proceso selectivo para a contratación dun técnico para o proxecto WINETech Plus
Convocatoria de proceso selectivo para a contratación dun técnico para o proxecto WINETech Plus PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Marzo 2013 08:42

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación do anuncio polo que se convoca proceso selectivo para a contratación dun técnico mediante contrato laboral de obra ou servizo determinado con cargo ao proxecto denominado WINETech Plus, SOE3 / P1 / E759 Comunidade de innovación e novas tecnoloxías en viticultura e elaboración de viño.


No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa páxina web http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para contratación dun técnico mediante contrato laboral de obra ou servizo determinado con cargo ao proxecto denominado WINETech Plus, SOE3 / P1 / E759 “Comunidade de innovación e novas tecnoloxías en viticultura e elaboración de viño”.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (é dicir finaliza o 19 de marzo).

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>