Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas a clubs deportivos de Ourense para o ano 2013
Axudas a clubs deportivos de Ourense para o ano 2013 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Abril 2013 10:32

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a clubs deportivos de Ourense para o ano 2013.


Esta orde ten por obxecto a regulación da tramitación e concesión de subvencións, por parte da Deputación Provincial de Ourense, destinadas a clubs deportivos da provincia de Ourense, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, coa finalidade de financiar parcialmente os gastos derivados da súa participación na competición deportiva durante esta tempada 2012-2013.

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións reguladas nestas bases os clubs deportivos que reúnan os seguintes requisitos:
- Estaren inscritos nos rexistros deportivos correspondentes da Xunta de Galicia.
- Teren o seu domicilio social na provincia de Ourense, circunstancia que deberá constar na inscrición no rexistro deportivo oficial da Xunta de Galiica.
- Participaren, na tempada 2012/2013, en competicións oficiais, calquera que sexa o seu ámbito , convocadas polas súas respectivas federacións.
- Posuíren, polo menos, un equipo de base acreditado, é dicir, inferior á categoría sénior ou absoluta. Para os clubs que compitan en disciplinas individuais establécese como requisito básico posuír un mínimo de cinco licenzas federativas de deportivas de base en competición.

Non poderán ser beneficiarios/as os clubs que só participen en ligas ou competicións locais, comarcais, exclusivamente no deporte escolar, ligas de empresa ou aqueles constituídos como sociedades anónimas deportivas.

As subvencións terán unha contía máxima de 15.000 euros por cada beneficiario/a.

O prazo de solicitude finaliza o 3 de maio de 2013. As solicitudes, subscritas polo representante legal da entidade interesada, irán dirixidas á Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, mediante a presentación no Rexistro Xeral desta entidade ou a través de calquera outro medio dos previstos no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídido das administracións públicas e do procedemento administativo común. Máis información en https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=76&fecha=20130403

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>