Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas
Axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Abril 2013 10:47

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 3 de abril de 2013 pola que se procede á convocatoria de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para o ano 2013.


Esta orde ten por obxecto proceder á convocatoria das axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e sociedades laborais, en réxime de concorrencia competitiva, para o exercicio orzamentario de 2013. A finalidade destas axudas é o fomento e consolidación das estruturas representativas do cooperativismo e a economía social, principalmente as asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, subvencionando parcialmente os seus gastos normais de funcionamento e a realización de actividades de promoción do cooperativismo e a economía social, así como a realización de actividades de fomento do emprendemento realizadas en rede.

Convócanse para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para os programas de fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, reguladas polas bases da Orde do 25 de febreiro de 2011 (DOG nº 46, do 8 de marzo) e a súa modificación recollida na Orde do 30 de decembro de 2011 (DOG nº 12, do 18 de xaneiro de 2012).  As condicións destas axudas no que respecta ás letras e) (requisitos para solicitar a subvención), f) (órgano competente para instruír o procedemento), i) (documentos e informacións que deben achegarse coa petición) e l) (criterios de valoración das solicitudes) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, quedan reflectidas nos artigos 6, 7, 8 e 9 das bases reguladoras contidas na Orde do 25 de febreiro de 2011 (DOG nº 46, do 8 de marzo).

A contía das axudas previstas non poderá superar o 80 % dos gastos necesarios para a realización das actividades, que poderán contar, así mesmo, con outros financiamentos sen que en ningún caso excedan a contía realmente xustificada e non achegada pola Xunta de Galicia. É dicir, que a contía máxima da subvención non poderá exceder dos oitenta mil euros (80.000 €) por beneficiaria para a modalidade de actividades de promoción do cooperativismo e a economía social, de cen mil euros (100.000 €) por beneficiaria para a modalidade de actividades en rede e de cento cincuenta mil euros (150.000 €) por beneficiaria para a modalidade de gastos normais de funcionamento.

Establécense, así mesmo, os seguintes límites de investimento subvencionable para as actividades que se indican a continuación:
a) Actividades divulgativas e formativas de duración igual ou inferior a 10 horas: ata un máximo de dous mil euros (2.000 €).
b) Actividades divulgativas e formativas de duración superior a 10 horas: o límite será a contía resultante de multiplicar o número de horas de duración efectiva por douscentos euros (200 €), ata un máximo de catro mil euros (4.000 €)
c) Asesoramento a emprendedores e público en xeral: ata un máximo de vinte euros (20 €) por hora de atención e vinte mil euros (20.000 €) por beneficiaria.
d) Asistencia a feiras, mostras e congresos ata un máximo de tres mil euros (3.000 €) por beneficiaria.

O prazo de solicitude finaliza o 10 de maio de 2013. Os formularios de solicitude poderán ser obtidos, cubertos e validados pola entidade solicitante a través da aplicación informática á cal se accederá pola páxina web da Consellería de Traballo e Benestar (http://traballoebenestar.xunta.es). Máis información en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130410/AnuncioCA05-040413-0002_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>